Canda as bases do APROL Rural, o Concello tamén acaba de publicar o procedemento de contratación dun traballador ou traballadora de cara a cubrir un posto de Auxiliar Administrativo/a de Servizos Sociais ata o 31/12/2021.
O contrato temporal -37,5h semanais a xornada completa e un salario bruto de 1.458,79€- finánciase con cargo ao POS+ 2021 Adicional 01, coñecido comunmente como “POS Social”, que permite destinar os fondos asignados ao reforzo das áreas de Servizos Sociais con persoal técnico ou administrativo.
Os requisitos xenéricos son ter máis de 16 anos, non ter sido separado/a dunha administración por causa de expedientes disciplinarios e non padecer enfermidades ou problemas físicos ou psíquicos que impidan atender as funcións do posto e, por último, ter inscrición como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Tamén fai falla estar en posesión do título de ESO ou equivalente e contar coa acreditación do CELGA 3 ou equivalente.
O Concello solicitaralle ao SPEG que lle envíe un listado de persoas candidatas, que logo serán convocadas para participaren no proceso selectivo mediante concurso-oposición. A fase de concurso (ata 4 puntos) avaliará a experiencia e a formación. A fase de oposición (ata 6 puntos) avaliará os coñecementos mediante unha proba práctica e unha entrevista curricular e de capacidades.
A resolución coa listaxe de persoas admitidas publicarase tanto na web como no tablón de anuncios. Nela figurará o día e maila data de realización das probas.
Listaxe de persoas admitidas enviadas polo SPEG – Data das probas: 15 de xullo de 2021 ás 11.00h no salón de plenos do Concello de San Sadurniño
Acta cos resultados do proceso selectivo, proposta de contratación e composición da lista de agarda