Axudas para a creación de superficies forestais para o ano 2024 (MR670B)

0

Axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas, dirixidas a Entidades locais e persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores. As CMVMC para poder acceder a estas subvencións deberán estar legalmente
constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de sociedades de fomento forestal.

Actuacións subvencionables
a) Axudas para a creación de superficies forestais con especies do anexo VIII desta orde (coníferas): Piñeiro do país, Piñeiro silvestre, Piñeiro insigne, Pseudotsuga e Piñeiro laricio.
b) Axudas para a creación de superficies forestais con especies do anexo IX desta orde (frondosas): Ameneiro, Bidueiro, Freixo, Castiñeiro, Castiñeiro híbrido, Cerdeiras silvestres e híbridos de produción madeireira, Umeiro, Carballo americano, Pradairo, Cerquiño, carballo albariño, Aciñeira, Sobreira, Capudre, Érbedo, Quercus rotundifolia Lam., Sobreira do monte e Nogueira.

Actuacións obxecto de axuda
a) Gastos de plantación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.
b) As infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das novas forestacións.
c) Tamén se subvencionarán os honorarios de redacción de proxecto.

NON É SUBVENCIONABLE o IVE.

Prazo de solicitude: ata o 15/03/2024.
Tipoloxía: Axudas en concorrencia competitiva a fondo perdido. A intensidade da achega para estas actuacións será do 100 % e a axuda calcularase sobre o custo real subvencionable do investimento.

Cantidade: Ver Anexo X da orde onde hai unhas táboas que para calcular a cantidade subvencionable depende de: acción previa sobre o mato, preparación do solo, implantación vexetal, outras accións incluíbles na forestación, unidades de plantas, infraestruturas de acompañamento das novas forestacións que se realicen ao abeiro desta orde e outras actuacións elixibles a maiores dos gastos de plantación e área de defensa e das infraestruturas de acompañamento.

Enlace á normativa

Share.