Ata o 30 de setembro: Exposición pública dos padróns fiscais do IBI e do IAE

0

Publicado no Boletín Oficial da Provincia do 31 de agosto de 2021 o anuncio da exposición pública dos padróns fiscais 2021 relativos aos seguintes impostos: imposto sobre bens inmobles urbanos rústicos e de características especiais e imposto sobre actividades económicas.

 Os padróns quedarán expostos ao público na Deputación Provincial (rúa Archer Milton Huntington, 17, 15011 A Coruña), onde poderán ser examinados polas persoas interesadas, dende o día 1 ata o 30 de setembro de 2021, ambos os dous incluidos.

Tendo en conta a actual crise sanitaria, as consultas faranse a través do correo electrónico atención.tributaria@dacoruna.gal ou chamando ao teléfono 900 132 204.

Share.