Publicado no Diario Oficial de Galicia do 31 de agosto de 2021 o acordo do 17 de agosto de 2021 da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Novo, nos concellos de Valdoviño, Narón e San Sadurniño (A Coruña), (exp.IN408A 2020/54).
Estado actual: en fase de envío de suxestións. No anuncio publicado no DOG aparecen as referenzas catastrais e o nome das persoas titulares, así como o tipo de afección prevista.
Prazo para remitir achegas/opinións: 15 días (non se especifica, polo que se computarán só os hábiles), contados desde o 1 de setembro (o prazo remata o 21/09/2021).
As alegacións ou observacións que estimen oportunas deberán dirixirse á sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Coruña da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), conforme ao establecido no artigo 16.4 da Lei 39/2015. Nese departamento tamén se pode consultar a documentación completa durante o mesmo prazo, solicitando para iso cita previa a través dos teléfonos
981 184 983 e
981 184 923 ou do correo electrónico
seccion.enerxia.coruna@xunta.es. Nos concellos de Valdoviño, Narón e San Sadurniño tamén se dispón de copias dixitais dos documentos para consulta pública.
As alegacións poderán rexistrarse da seguinte maneira:
a) Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1 (obrigatorio para persoas xurídicas de calquera tipo -asociacións, concellos, empresas, etc-)
b) Nas oficinas de Correos, na forma que regulamentariamente se estableza.
c) Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no estranxeiro.
d) Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
e) En calquera outro que establezan as disposicións vixentes. Neste sentido as persoas físicas poden entregar presencialmente as súas alegacións ou escritos de observacións no rexistro municipal, dirixidos á sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellaría de Economía, Empresa e Innovación.
Documentación descargable: