Aberto ata o día 23 o prazo para solicitar o Turismo Social do IMSERSO 2025-2026

0

As persoas maiores interesadas en participar no Programa de Turismo do IMSERSO poderán presentar a súa solicitude ata o 23 de xullo de 2025. O trámite pode facerse nos Servizos Sociais municipais, onde se ofrece axuda, ou por internet a través da sede electrónica do IMSERSO. A convocatoria inclúe prazas para viaxes entre outubro de 2025 e xuño de 2026, en diversas modalidades e destinos. As persoas acreditadas de campañas anteriores non necesitan cubrir unha nova solicitude salvo que desexen facer cambios.

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) publicou hai uns días a convocatoria para o seu Programa de Turismo 2025-2026. Trátase dunha iniciativa que ofrece prazas para persoas maiores en destinos costeiros peninsulares e insulares, escapadas culturais, viaxes de natureza e visitas a capitais de provincia, con duracións que oscilan entre 4 e 10 días. A estancia será en réxime de pensión completa, agás nas capitais, onde será de media pensión.

Poderán participar persoas pensionistas, maiores de 60 ou 65 anos segundo o caso, e tamén emigrantes retornadas. Permítese viaxar con cónxuxe, parella de feito ou fillos e fillas con discapacidade, sempre que se cumpran os requisitos establecidos.

As persoas xa acreditadas por IMSERSO en campañas anteriores recibirán un documento cos seus datos e só deberán devolvelo se queren facer algún cambio. As novas solicitudes serán baremadas segundo criterios establecidos pola Orde SCB/926/2018.

Para máis información, pódese chamar ao 912 667 713 (IMSERSO), de luns a venres de 09:00 a 18:00h. Tamén se poden ampliar datos por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través deste formulario de contacto.

Porén, o máis cercano e cómodo é contactar cos Servizos Sociais do Concello chamando ao 981 490 027. Este departamento aclararanos dúbidas e mesmo nos axudará coa solicitude, que pode tramitarse directamente no rexistro municipal. O último día para botar as instancias é o próximo 23 de xullo.

No apartado de Avisos de sansadurnino.gal hai máis datos sobre esta e outras convocatorias.

 

Share.