Ata o 23 de xullo: Solicitude do Turismo Social para maiores do IMSERSO 2025-2026

0

Resolución do 13 de xuño de 2025, do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, pola que se convocan prazas para persoas maiores que desexen participar no Programa de Turismo. (BOE nº 152 do 25/6/2025)
Corrección de erros (BOE nº 154 de 27 de/6/2025). Orde SCB/926/2018, de 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Instituto de Maiores e Servizos Sociais. (BOE nº 221 do 12/9/2018)

Prazas ofertadas e quendas:
O Programa desenvolverase por quendas que agrupen ás persoas usuarias co mesmo orixe, destino e datas. As quendas, que poderán ter unha duración desde 4 días (3 pernoitas) ata 10 días (9 pernoitas), realizaranse en réxime de pensión completa, excepto nas viaxes a capitais de provincia cuxo réxime será de media pensión. As quendas do programa iniciaranse durante o período comprendido entre o mes de outubro de 2025 e o mes de xuño de 2026.

Solicitantes:
a) Persoas residentes en España que reúnan calquera dos seguintes requisitos:

  • Ser pensionista de xubilación do Sistema Público español de Pensións.
  • Ser pensionista de viuvez con 55 ou máis anos de idade.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos.
  • Ser titular ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social, con 65 ou máis anos cumpridos.

b) Persoas españolas residentes no estranxeiro sempre que reúnan os requisitos esixidos no apartado a) anterior.
c) Persoas españolas de orixe emigrantes que retornasen a España, sempre que sexan pensionistas dos sistemas públicos de seguridade social do país ou países aos que emigrasen.

As persoas usuarias poderán ir acompañadas polo seu cónxuxe, parella de feito ou persoa coa que se constitúa unha unión estable e de convivencia con análoga relación de afectividade á conxugal, sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión.

Asimesmo poderán ir acompañadas dos fillos con discapacidade en grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e ocupe cama supletoria na mesma habitación do hotel ou, no seu caso, abonen o suplemento establecido para cuartos individuales que estará suxeito á dispoñibilidade de prazas.

As persoas usuarias de prazas e os seus acompañantes, excepto os fillos, deben valerse por si mesmas para realizar as actividades básicas da vida diaria.

Modalidades:

  • Zona Costeira Peninsular: estadías en zonas de Costa Peninsular de 10 e 8 días en Andalucía, Murcia, Comunitat Valenciana e Cataluña.
  • Zona Costeira Insular: estadías de 10 e 8 días en zonas de Costa Insular (Canarias e Illes Balears).
  • Turismo de Escapada, coas seguintes actividades: con estancias de 4, 5 e 6 días, cos seguintes tipos de viaxes:
    ◦ Circuitos Culturais.
    ◦ Turismo de Natureza.
    ◦ Viaxes a Capitais de Provincia.
    ◦ Viaxes ás cidades Autónomas de Ceuta e Melilla.

Servizos incluídos:

  • Transporte ida e volta desde a súa capital de provincia ata o hotel de destino e regreso, agás para a modalidade de viaxes sen transporte e viaxes a capitais de provincia.
  • Aloxamento en réxime de pensión completa en habitación dobre a compartir en hoteis seleccionados polo IMSERSO. Contémplase o aloxamento en habitación individual, que terá un suplemento no prezo e estará suxeito a dispoñibilidade de prazas.
  • Servizo de medicina xeral, complementario ao da Seguridade Social, no propio hotel.
  • Programa de animación social e cultural
  • Póliza colectiva de seguros

Nas viaxes Culturais e Turismo de Natureza, dadas as súas especiais características non se inclúen os servizos médicos e programa de animación. As viaxes a capitais de provincia serán en réxime de media pensión e sen transporte.

Solicitude de praza:
A solicitude servirá para obter a acreditación da persoa participante que lle permitirá acceder ás prazas convocadas. Non será necesario que as persoas acreditadas para viaxar en tempadas anteriores, cumprimenten nova solicitude, xa que recibirán un documento no que figuran os datos persoais e de preferencia de destino e que, só no caso de que queiran modificar algún deses datos, deberán devolver ao Imserso nun prazo que finaliza o 23 de xullo de 2025.

As persoas acreditadas polo Imserso en tempadas anteriores e as que obteñan acreditación nesta convocatoria, unha vez comprobado que reúnen os requisitos, serán baremadas mediante a aplicación dos criterios de valoración

Poderase viaxar con outra persoa que vaia a presentar a solicitude na mesma provincia, cando sexan iguais os destinos elixidos e a orde de prioridade das prazas solicitadas.

Prazo de solicitude: do 1 ao 23 de xullo de 2025

O trámite pode facerse, entre outras maneiras, por vía electrónica a través da Sede do IMSERSO, pero tamén nos Servizos Sociais do Concello, onde nos axudarán coa solicitude e outro papeleo.

Máis información
Polas mañás no departamento municipal de Servizos Sociais 981 490 027 ou no teléfono do IMSERSO  -912 667 713- en horario de 09:00 a 18:00h, en ambos casos de luns a venres. Tamén se poden ampliar datos por medio da caixa de correo electrónico do Programa de Turismo do Imserso ou a través deste formulario de contacto.

Share.