A Fundación Universidade da Coruña trasladoulle información ao Concello sobre as posibilidades de emprego e formación que ofrece a través do seu portal EMPLEA, unha plataforma que ten por obxectivo facilitar o acceso da mocidade ao mercado laboral. EMPLEA funciona como espazo para que a xente nova -e non tan nova- con titulacións universitarias ou de FP que nunca traballase poida publicar os seus perfís e recibir distintas ofertas de ámbito galego, estatal e internacional; pero tamén como lugar onde as empresas poden darse de alta para ofertar estadías prácticas e captar novos talentos. Toda a información pode atoparse nesta ligazón da FUAC, aínda que tamén se pode obter asesoramento ao respecto contactando co Técnico de Desenvolvemento local, Roberto Lindín, chamando ao 981 490 027.
A mocidade poderexistrarse de balde en EMPLEA e recibir ofertas de emprego e programas de Formación empresariais (Prácticas remuneradas) que unha chea de firmas de todo o territorio galego e nacional publican a diario co fin de localizar candidaturas para as súas organizacións.
Os requisitos xerais para acceder ao portal son o de ser estudante ou ter xa un grao universitario, ou ben dispor de titulación de Formación Profesional de grao medio e superior. Aínda que o programa está pensado preferentemente para mozas e mozos que acaban de titularse ou que están na fase final da formación, desde a Fundación Universidade da Coruña precísase que “non hai límite de idade” para entrar en EMPLEA, pero si cumprir outras condicións seguintes condicións:
- Ter vinculación con Galicia (ser de aquí ou descentente de emigrantes galegos/as)
- Ser residente en Galicia
- Ter unha titulación obtida en Galicia
- Non ter traballado por conta allea ou propia desempeñando tarefas relacionadas coa titulación universitaria ou de FP
- Ter completado e validado o rexistro en EMPLEA.
No caso de estudantes de titulacións universitarias será necesario ter superado o 50% dos créditos e dispor de matrícula no curso actual. Para persoas tituladas ou egresadas universitarias, así como quen dispoña de titulación de FP medio e superior, esta deberá terse acadado nos tres últimos anos.
Por outra banda, as empresas e entidades radicadas en España que teñan interese en participar no programa tamén deberán rexistrarse en EMPLEA e posuir os medios e recursos necesarios para acollerse ao programa, entre eles o de dispor de polo menos dúas persoas traballadoras coa mesma titulación ou con experiencia abonda para titorizar a formación da persoa que vaia facer prácticas.
As estadías serán de entre 3 e 12 meses, cunha axuda para as bolseiras e bolseiros -dependendo da titulación e da xornada diaria- de entre 400 e 680 horas. O financiamento das prácticas remuneradas correrá por conta da empresa, aínda que a Fundación Universidade da Coruña emitirá factura pola xestión administrativa da contratación, un gasto que as empresas poderán desgravar ademais de permitirlles beneficiarse das bonificacións na Seguridade Social coas que conta esta modalidade.
Na plataforma EMPLEA, as empresas poderán publicar todas as ofertas de emprego e prácticas remuneradas que estimen para os perfís universitarios e de FP. A FUAC encargarase de facer o casamento entre a oferta publicada pola empresa e as candidaturas para poñelas en contacto. Ademais, todas as ofertas de emprego e prácticas son publicadas na APP para dispositivos móbiles de EMPLEA, na web e nas redes sociais da Fundación.
Se algunha persoa recentemente titulada ou empresa que cumpra os requisitos ten interese neste programa, pode ampliar información contactando coa Fundación Universidade da Coruña no correo fundacion@udc.es ou no teléfono 981 167 000, ext. 4362, 1006, 2367 ou 4394. Tamén se pode acudir ao Técnico de Desenvolvemento local de San Sadurniño, Roberto Lindín, no 981 490 027.