XXV Feira da Plantación

0

Feira Plantación 2022 diario_Original ratio_1920x557_H_100

San Sadurniño volverá vestirse coas cores da primavera o domingo 24 de abril nunha nova edición da Feira da Plantación, o escaparate da produción floral e de planta ornamental da comarca que tamén reunirá artesanía e outros artigos relacionados con este mundo. O Concello volve organizar o evento no que colaboran Planteles Vivergal e a Deputación da Coruña, ademais dos postos que acudirán á cita con toda a súa oferta.

A XXV Feira da Plantación contará principalmente con planta de temporada coa que decorar xardíns e balcóns, pero tamén con árbores froiteiras e materia prima para poñer morteiros -pemento, leituga, tomateiras, etc.- que converten o recinto no sitio ao que hai que vir, si ou si, para facerse con todo o necesario, incluídas sementes, ferramentas e maquinaria.

Onde?
Este ano a feira cambia de localización, trasladándose ao arboreto autóctono da Cortiña, ao pé do paseo fluvial do Xuvia (localización en GoogleMaps), para minimizar a posibilidade de aglomeracións de público en puntos determinados.

Quero ir co meu posto
Os postos que desexen participar na feira deberán presentar a solicitude antes das 14h. do día 19 de abril no rexistro municipal, na Sede Electrónica, por correo postal ou enviándoa a agustin.perez@sansadurnino.gal. Os prezos de participación dependerán do número de metros liñais que se queiran reservar. As entidades sen fins de lucro poderán instalarse de balde.

Os expositores e expositoras poderán instalar as súas propias carpas e toldos nos metros solicitados e, por primeira vez, o Concello ofrece opcionalmente ese equipamento, con prezos de 75€ para unha carpa de 5x5m ou 200 por unha de 12×6 metros.

Folla de solicitude
Bases de participación
Prezos por metro liñal (e para as carpas cuxa colocación se lle solicite ao Concello)

Programa

10:00h. Apertura de postos – Con venda de planta e artesanía relacionada co mundo floral produtos da terra, alimentación e maquinaria de xardín e horta.

11:00 a 19:30h. Obradoiros e demostracións
Elaboración de queixo, para rapazada de 3 a 11 anos (6 prazas por quenda)
1ª quenda: 12:00 a 12:30h
2ª quenda: 12:45 a 13:15h
3ª quenda: 16:00 a 16:30h
4ª quenda: 16:45 a 17:15h

Tecido recreado, para nenos e nenas de 3 anos en diante (5 prazas por quenda)
1ª quenda: 12:30 a 13:10h
2ª quenda: 13:15 a 13:55h
3ª quenda: 16:30 a 17:10h
4ª quenda: 17:15 a 17:55h
5ª quenda: 18:00 a 18:40h
6ª quenda: 18:45 a 19:25h

As inscricións nos obradoiros de queixo e de tecido hai que facelas na propia feira ou no whatsapp 616 332 919 indicando nome e apelidos, idade e quenda á que se quere asistir.

Demostracións de Arte Floral (non require inscrición)
Sesión de mañá das 11:00 ás 12:30h
Sesión de tarde entre as 16:30 e as 18:00h

Obradoiro infantil de velas e manualidades con cera, ofrecido pola Casa do Mel durante toda a xornada

14:00 e 19:30h Sorteo de ramos e centros florais da XXV Feira da Plantación
As rifas entregaranse con cada compra. Haberá que depositalas na urna situada na carpa principal. Os sorteos serán presenciais ata que apareza a persoa premiada.

Durante todo o día, en distintos momentos e puntos da feira: Actuación de Pandereteiras Sen Fronteiros (PANSENFRON)

Na feira tamén haberá un espazo para xantar a prezos populares. Outra opción é acudir a algún dos restaurantes do concello. Nese caso recoméndase reservar mesa, sobre todo nos dous que quedan máis preto do evento.

20:00h Clausura da XXV Feira da Plantación

Todas as persoas que acudan á feira poderán levar de agasallo unha bolsiña con plantas ornamentais, gracias á colaboración da empresa local Vivergal S.L.

Sin título-1_Original ratio_1920x353_H_100

Share.