Xuño deportivo

0

Xusto antes das vacacións de verán, o departamento de Deportes propón tres actividades aptas para practicamente todas as idades. A primeira é a ruta de sendeirismo percorrendo parte do val do Río Castro, outra é unha xornada de surf para iniciarse neste deporte, e, por último, a xa tradicional ruta cicloturista en familia con saída e chegada no colexio. Para todas elas fai falla inscrición previa, que se pode facer entregando a folla correspondente na Casa da Cultura.

Ficha de inscrición persoas adultas
Ficha inscrición menores

Ruta de sendeirismo
Data: domingo 11 de xuño
Distancia aproximada: 12 Kms.
Hora de saída: 10.00 h. desde o Local social de Naraío
Inscricións:
ata o xoves 8 de xuño na Casa da Cultura ou no correo agustin.perez@sansadurnino.gal
Nivel de dificultade:
media/baixa. Ruta de interese turístico, ambiental e cultural.
Idades:
maiores de 9 anos
Recomendacións:
Calzado cómodo que non sexa de estrea e que protexa os nocellos, roupa que permita a transpiración (algodón, climalite…) e, dependendo do tempo, que sexa impermeable. É recomendable levar un botellín de agua e produtos de pequeno volume e alto poder enerxético (galletas, barriñas de cereais,…)
Medicinas:
as persoas con algunha doenza (asma, diabete, etc.) deberán levar os medicamentos que deban tomar e avisar á monitora antes de comenzar a ruta.

Xornada de aventura na auga
Data:sábado 17 de xuño, 16.00 a 18.30h.
Lugar: Praia de Ares (o punto de encontro é na caseta de socorrismo)
Prezo: 12 euros, sempre e cando se cubra o total de prazas. Se non se completa o cupo, as persoas apuntadas poderán facer a actividade igualmente asumindo o incremento do custe.
Inscricións: hai 20 prazas, que se cubrirán por orde de inscrición na Casa da Cultura ou no correo electrónico agustin.perez@sansadurnino.gal ata o martes 13 de xuño ás 14.00h.
Idades: maiores de 15 anos. É requisito indispensable saber nadar.
Deportes: Windsurf, Paddle Surf, Kaiak de mar. As persoas inscritas deberán desprazarse pola súa conta ata Ares.

Ruta ciclista
Data: domingo 25 de xuño, 11.00h.
Lugar de saída e de chegada: Colexio de San Sadurniño
Distancia aproximada: 13 Kms.
Nivel de dificultade: baixa, é obrigatorio o uso do casco
Idades: maiores de 7 anos
Inscricións: gratuítas na Casa da Cultura, no correo agustin.perez@sansadurnino.gal ou o mesmo día da ruta no lugar da saída. Ao rematar a ruta todas e todos os participantes levarán unha camiseta de agasallo e haberá un sorteo de material relacionado co ciclismo.

Camiñadas parroquiais
Lembrade, ademais, que aínda quedan dúas camiñadas parroquiais por facer. Non é necesario inscribirse, abonda con estar no punto de encontro ás 16.30h. Iso si, desde o Concello aconséllase levar roupa cómoda e clara -mellor chaleco reflectante-, calzado sen tacón que non sexa de estrea, calcetíns de algodón, gorra, bebida e algo de comer.

Parroquia

Data

Lugar de saída

Naraío

luns 12 de xuño

Capela de Santa Mariña

San Sadurniño

martes 20 de xuño

Casa da Cultura

Para máis información pódese chamar ao teléfono do Ximnasio municipal, 647 491 371 en horario de 19 a 23h. Cómpre recordar tamén que este servizo modificará o seu horario durante o verán:

1 ao 31 de xullo

agosto

1 ao 30 de setembro

luns a venres de 9 a 14.30h

pechado

luns a venres de 9 a 14.30h.

mércores de 19 a 23.00h.

venres de 19 a 22.30h.

mércores de 19 a 23.00h.

venres de 19 a 22.30h.

Share.