Xa se coñecen as composicións premiadas do certame San Sadurniño en flor

0

O Concello publicou hoxe a media mañá en Facebook unha ampla galería fotográfica con todas as imaxes recibidas dentro do concurso San Sadurniño en flor, no que participaron 89 veciñas e veciños dentro das catro categorías convocadas: decoración de negocios, novas composicións exteriores, fiestras e balconadas e, como novidade, o apartado de xardíns máis vistosos pensado para premiar o esmero e a dedicación coa que se coidan e preparan durante anos os xardíns das casas. Os galardóns en cada categoría entregaranse o domingo pola mañá -11.00 h- nun pequeno acto no patio interior da Casa do Concello ao que serán chamadas ao longo do día de hoxe todas as persoas premiadas. 

O xurado, formado por viveiristas locais, revisou hai uns días todas as fotografías e vídeos enviados ao concurso para analizar, ao seu xuízo, cales foronas mellores composicións de cada apartado. Non o tiveron doado por causa do elevado número de participantes -89- e de instantáneas, que pasaban das 250.

Á categoría de decoración exterior de negocios só concorreron 5 establecementos, mentres que para o apartado de novas composicións florais -o máis numeroso- se recibiron 34 candidaturas, seguido con 33 do de xardíns máis vistosos e con 18 da sección de fiestras e balconadas.

Deste modo, o Concello entregará os 35 premios previstos, consistentes en lotes de produtos de empresas locais relacionadas co sector primario e a hostalaría.

Na organización desta segunda edición de San Sadurniño en flor volveron implicarse as concellarías de Desenvolvemento local e Cultura, co obxectivo de que o municipio se “vestise de flor e das cores da primavera para ofrecer a súa mellor cara”, tal e como apunta Amparo Calvo.

Pola súa banda, Manolo Varela -responsable de Desenvolvemento local- apunta que outro dos obxectivos do certame foi o de “apoiar tanto ao sector viveirista do territorio -que subministrou a planta- como ao tecido hostaleiro”, ademais de servir como evento substitutorio da Feira da Plantación que neste 2021 tampouco se puido celebrar. Varela engade que San Sadurniño en flor “tamén é un dos argumentos que utilizaremos para tentar conseguir a segunda estrela do clube Vilas en Flor, ao que accedimos o ano pasado por primeira vez”.

Os premios entregaranse o domingo ás 11.00h no patio interior da casa consistorial. A relación de persoas galardoadas é a seguinte:

XARDÍNS MÁIS VISTOSOS

  • Ana Belén Rodríguez Calderón
  • Loli Horjales Riola
  • María del Mar López Vellón
  • María Rosario Fonticoba Bellón
  • Marián Arroyo López
  • Marina Merlán
  • Mónica Saavedra Prieto
  • Rosa Romero Carballo
  • Verónica Bermúdez López
  • Verónica Ferreirós González

XANELAS E BALCONADAS

  • Ángeles Castro Tembrás
  • Isabel González Pena
  • Mª Carmen Hermida Tembrás
  • Mª del Pilar Rodríguez Vergara
  • María del Carmen Bouza Muíño
  • Mercedes Roca Cobelo
  • Paula María Rañal Díaz
  • Regina Cinza Novo
  • Susana Mariño Villadóniga
  • Susana Rañal Díaz

NOVA COMPOSICIÓN FLORAL EN EXTERIOR

  • Ana Fernández Aneiros
  • Ángeles Meijide Fernández
  • David Tembrás Alonso
  • Haydée Rodríguez Rodríguez
  • Iago Lourido Calvo
  • María Ferreira González
  • María de los Ángeles Villar Pérez
  • Noemi Carballido Tembrás
  • Purificación Soto Buyo
  • Rosa Torrente

NEGOCIOS

  • Cesárea García Prieto
  • Manuel Calvo Hermida
  • Mónica Muíño García
  • Pilar Dopico Campos
  • Residencia A sua Casa
Share.