Últimos obradoiros da Escola de Familias: convivencia familiar e condutas aditivas

0

A Escola de Familias promovida polo Concello de San Sadurniño ofrecerá o mércores 24 de abril e o mércores 29 de maio os dous últimos obradoiros programados para este ciclo. Ambos irán dirixidos a familias con rapazada con idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos, ás que se lles darán consellos prácticos sobre as normas e límites que se deben respectar na familia e tamén sobre como previr condutas aditivas, sexan relacionadas coas drogas, co xogo ou co abuso da tecnoloxía.

Así, o próximo mércores, 24 de abril,  persoal de ASFEDRO explicará as regras de convivencia que deben manter e respectar todos os membros da familia, de cara a garantir o bo ambiente familiar e unha correcta formación como persoas da rapazada. A sesión terá lugar na Casa da Cultura entre as 17:00 e as 18:30h.

Por outro lado -e moi relacionado co anterior-, o mércores 29 de maio co mesmo horario e no mesmo lugar tocaralle ao obradoiro sobre condutas aditivas,  cun contido que tratará distintas facetas das adicións que ameazan o desenvolvemento da cativería e a mocidade e que, ademais, nos últimos tempos cobraron novas formas a través da tecnoloxía.

Para participar en calquera das dúas actividades -ou en ambas- fai falla inscrición previa no 673 903 922 ou no correo veronica.perez@sansadurnino.gal.

Logo-Conselleria_Color-1024x179

Share.