Último día para apuntarse no xantar da comisión de festas do San Cristovo

0

“Se en Ferreira naceu teu pai ou túa nai, non faltes ao xantar, que outro igual non hai!!!”. Así reza o cartel anunciador do tradicional xantar de confraternidade que se vai celebrar este sábado 3 de maio na explanada de San Cristovo, organizado pola comisión de festas de Ferreira de arriba. O evento reunirá xente que aínda vive na parroquia con outra que ten alí as súas raíces ou que, por afinidade ou por pasar o día, tamén se achegará para gozar de boa mesa e boa música. Iso si, cómpre non demorarse porque o prazo para gardar sitio remata hoxe, 29 de abril. Os tíckets poden mercarse no Bar Ferreira, na Parrillada María Queira, no Café-Bar Del Palacio (Gavín) ou na Taberna de Pancho, nas Pontes.

O menú, que se servirá ás 15:00h, está composto por un primeiro prato de paella e un segundo a base de carne asada, acompañados de pan, bebida, sobremesa, café e un licor. Todo rico e abundante que se servido polo restaurante O Paso, de Candamil, baixo unha carpa instalada diante da capela do santo ao que se lle rende tributo a primeiros de xullo.

O prezo para mocidade e persoas adultas é de 35€, mentres que pola rapazada de 7 a 12 anos só haberá que pagar 15€. Por debaixo dos 7 anos o xantar é de balde.

O último día para gardar entrada é este martes 29 de abril acudindo a algún dos puntos de venda dos tíckets, que poden atoparse no Bar Ferreira (A Chabola), na Parrillada María Queira (Igrexafeita), no  Café Bar Del Palacio (San Sadurniño) e na Taberna de Pancho (As Pontes).

A festa non será só gastronómica, senón que contará tamén con música de picadiscos e inchables para a xente miúda.

Share.