Subvencións do Programa de comercio circular para o ano 2024 (CO300D)

0

A orde da Xunta regula a concesión de subvencións para a transformación sostible do sector comercial galego a través do pulo de actuacións de comercio sostible e circular.

 Liñas de actuación e persoas beneficiarias

 Liña 1. Programa Eco-pack: Para comerciantes retallistas con tenda física, obradoiros artesáns e asociacións de comerciantes

 Liña 2. Programa Avanza téxtil: Pemes e persoas autónomas do sector téxtil

 Liña 3. Programa Re-circular: Pemes e persoas autónomas do sector téxtil

 LIÑA 1. Programa ECO-PACK: Orientado á redución das cantidades de embalaxe mediante a adaptación do seu tamaño e forma ás dimensións e formato dos produtos, priorizando o uso de materiais reciclados e reutilizables. Consideraranse subvencionables:

Comerciantes retallistas e obradoiros artesáns:

– Caixas de cartón 100 % reciclado

– Sobres de cartón ou papel 100 % reciclado

– Papel vexetal

– Recheos para embalaxe (recheos vexetais e proteccións acolchadas de papel 100 % reciclado)

– Bolsas de tea de algodón 100 %

– Bolsas de tea de liño 100 %

– Bolsas de tea de cánabo 100 %

Asociacións de comerciantes:

– Bolsas de tea de algodón 100 %

– Bolsas de tea de liño 100 %

– Bolsas de tea de cánabo 100 %

Liña 2. Programa Avanza téxtil: Orientado ao impulso dos pequenos produtores do sector téxtil con marca comercial propia.

  • Participación en cursos de formación ou obradoiros de confección téxtil impartidos por escolas públicas ou privadas. En concreto, consideraranse gastos subvencionables: a matrícula e as mensualidades.
  • Adquisición de maquinaria de destrución de téxtil para a súa posterior reutilización.
  • Adquisición de maquinaria e ferramentas de corte e confección.
  •  Organización e participación en tendas efémeras pop-ups e showrooms. En concreto, considéranse gastos subvencionables:

– O alugueiro do local ou do espazo expositivo (máximo dúas mensualidades)

– Os seguros e servizos de carácter básico e obrigatorio para a organización do evento

– O acondicionamento da superficie de exposición e venda

– A adquisición ou alugamento de moblaxe ou equipamento especializado para a exposición do produto

– O transporte de mercadoría

– A publicidade e promoción da tenda efémera

Liña 3. Programa Re-circular: Orientado a promover o uso de materias primas e tecidos sostibles na producción téxtil co fin de reducir os residuos xerados polo sector téxtil e favorecer a súa reutilización e a reciclaxe.

  • Adquisición de materias primas e/ou tecidos téxtiles sostibles. En concreto, considéranse subvencionables os seguintes:

– Fibra 100 % de orixe vexetal: algodón orgánico, liño, cánabo e ramio

– Fibras 100 % de orixe animal: alpaca, seda, la e penuxe

– Fibras recicladas: poliéster reciclado, nailon reciclado e la reciclada que conten cun mínimo de 60 % de fibra de orixe reciclada

– Fibras semisintéticas: liocel, viscosa sostible e raión cuproamoniacal

  •  Adquisición de accesorios ou fornituras de orixe 100 % reciclado ou 100 % de composición orgánica (cremalleiras, botóns, reberetes, cordas, lazos ou similares).

 Prazo de solicitude: ata o 13/09/2024

 Cantidade: Dependendo do programa e do perfil da persoa solicitante (se é comerciante retallista, obradoiro artesán, asociación, etc.), as achegas poden supor ata 13.000 euros e incluso ata o 90% do investimento máximo subvencionable

 Ligazón á normativa

 

Share.