San Sadurniño segue nas xerais a tendencia electoral do Estado e de Galicia

0

Noite de sorpresas esta do 26 de xuño de 2016. Unha vez máis queda demostrado que as enquisas serven de ben pouco. O resultado das eleccións a nivel estatal deixou claro que o Partido Popular lonxe de perder apoios recupéraos e que, en contra do que vaticinaban os sondeos, o PSOE baixa, pero non tanto, e Podemos e mailas súas confluencias non conseguen o sorpasso que a prensa daba como seguro hai tan só uns días.

Aquí en San Sadurniño os resultados son case un calco do ocorrido en España e en Galicia, aínda que con matices: o PP mellora porcentaxe con respecto á cita de decembro -catro puntos porcentuais máis-, o PSOE sobe o suficiente para converterse na segunda forza máis votada -case tres puntos máis- e, aquí vén a sorpresa local, a Marea, calcando porcentaxes (15,76%) -e tamén número de votos- con respecto a hai seis meses, queda como terceira forza por diante do BNG que daquela fora o segundo partido máis votado despois do PP pero que, desta vez, baixou sete puntos porcentuais.

Ciudadanos clava resultados en canto a número de votos en relación con decembro, 117, aínda que en porcentaxe sobe lixeiramente debido á baixa do censo que lle afecta tamén aos resultados do resto de partidos. Unha suba que contrasta coa evolución do partido a nivel estatal, xa que perdeu 8 escanos.

A abstención, outro dos grandes factores electorais, situouse en San Sadurniño nun 32,82%, dous puntos máis que en decembro. O cadro cos resultados mesa por mesa é o seguinte:

Censo: 2.611 Votos contabilizados: 1.758 (67,33%) Abst: 859 (32,89%)
Mesa PP PSOE EN MAREA-PODEMOS BNG-Nós C.G. Ciudadanos Outros
S.Sadurniño 217 102 123 47 38 17
Naraío 94 60 46 54 30 11
Ferreira 53 39 16 19 11
Lamas 120 56 37 23 20 7
Santa Mariña 135 36 14 14 3 4
Igrexafeita 54 22 26 38 4
Bardaos 89 19 12 19 11 7
Votos totais: 762 (43,82%) 334 (19,21 %) 274 (15,76%) 214 (12,31%) 117 (6,73%) 42 (prov.)
Share.