Un obradoiro de escultura dirixido por Saila Chao pecha este sábado en Santa Mariña as actividades programadas polo 8M

0

A programación do 8M organizada en San Sadurniño pola área municipal de Igualdade completarase este sábado en Santa Mariña do Monte cun obradoiro colectivo de escultura  dirixido pola artista Saila Chao. A actividade está pensada para crear unha obra colaborativa que simbolice a rede de coidados das mulleres. A inscrición na actividade pode facerse aínda hoxe a través do teléfono 695 876 17 ou do correo oriana.lopez@sansadurnino.gal.

O obradoiro de escultura colectiva comezará ás 11:00h no local social de Santa Mariña do Monte, organizada por Igualdade coa colaboración da ACRD Santa Mariña do Monte. De coordinalo encargarase artista multidisciplinar Saila Chao, quen lles proporá ás persoas participantes traballar con cartón prensado para construír por separado diferentes partes dunha escultura que despois, ao xuntárense, representarán nunha mesma figura a unión e o apoio mutuo entre as mulleres, ademais de reflectir o traballo pouco visibilizado pero fundamental dos coidados.

Desde a área de Igualdade convídase á veciñanza a participar nesta actividade, coa que se lle pon o ramo a un completo calendario que estivo moicentrado, precisamente, no autocoidado e no traballo pouco visibilizado pero fundamental dos coidados, exercidos maioritariamente por mulleres.  Temas que tamén aborda a matrona Estefanía Cabarcos Fernández nos reels que está compartindo a conta en Facebook San Sadurniño en Igualdade.

A participación no obradoiro de Chao é gratuíta, pero require inscrición previa chamando ao 695 876 178 ou enviando un correo a oriana.lopez@sansadurnino.gal. O prazo para anotarse remata ás 14:00h e cómpre apurar, posto que quedan poucas prazas.

 igualdade

Share.