Resolución de admisións e exclusións do programa Aldea de Verán

0

Publicada a resolución coa adxudicación de prazas para a quenda do mes de xullo do programa de conciliación Aldea de Verán. En total admitíronse 46 solicitudes de familias do concello ou con algunha vinculación co territorio acreditada documentalmente cando se presentou a instancia, ben fose de tipo laboral ou por ter a rapazada matriculada no CPI.  As seis peticións que quedaron fóra pasarán formar parte  dunha lista de agarda por se se producisen baixas. As familias que contan con praza poden efectuar xa o pagamento do servizo elixido e, ademais, están convocadas a unha xuntanza informativa sobre o programa que terá lugar na Casa da Xuventude o xoves 28 de xuño ás 19.30h. 

Documentación descargable:
Resolución da adxudicación de prazas para a quenda de xullo
Ficha de solicitude e información sobre a adxudicación de prazas (.pdf)
Autorización
Cuestionario médico

Share.