Publicadas as listas para as eleccións municipais do 26 de maio

0

O Boletín Oficial da Provincia deste mércores 24 de abril publica a relación completa de candidaturas que concorren ás municipais do 26M en toda A Coruña. En San Sadurniño serán tres -BNG,  PSOE e PP- logo de varias semanas de especulacións sobre a concorrencia dunha cuarta que, finalmente, non foi rexistrada ante a Xunta Electoral de Zona de Ferrol. Entre os nomes que figuran nas listas atopamos caras novas e outras habituais en cada unha das formacións. Con respecto a 2015 só repite como cabeza de candidatura o actual rexedor, Secundino García, mentres que no PP sobe ao primeiro posto María Belén Trigo -quen neste momento é de facto portavoz do grupo municipal- e no PSOE vai como número un Lois Anxo Rodríguez, exdirector do CPI de San Sadurniño.

Á vista da composición das listas e á espera de que a principios de maio abra a campaña para coñecer os programas e propostas concretas de cada partido, arestora só cabe facer un pequeno repaso dos datos que se poden tirar do BOP, entre eles o número de membros e a paridade.

O BNG xuntou unha lista de 21 persoas, as 11 que corresponden ao número máximo de lugares na corporación máis outros 10 nomes de reserva. O Bloque tamén artellou a candidatura coma unha cremalleira, alternando homes e mulleres de principio a fin. No 11 inicial, encabezado por Secundino García, atopamos cinco dos sete nomes que compoñen na actualidade o grupo municipal nacionalista. Nese primeiro tramo cómpre reseñar a volta aos potenciais postos de saída de María do Carme Muíño como nº 2 da candidatura.

Seguindo a orde de publicación no Boletín Oficial da Provincia, o PSOE figura como candidatura nº2. Son 13 compoñentes, 11 nomes na lista obrigatoria e 2 na relación de suplentes.  En canto á paridade, o partido socialista presenta 9 homes e 4 mulleres, entre elas a actual portavoz municipal, Yolanda Vázquez, que figura na lista xusto despois do aspirante á alcaldía, o nedense Lois Anxo Rodríguez.

En terceiro lugar do listado oficial aparece o Partido Popular. Como número un da candidatura vai María Belén Trigo, acompañada doutros 13 compoñentes. A formación popular  propón unha lista de 11 membros e 3 suplentes reservando os dous primeiros postos para a aspirante á alcaldía e, no segundo lugar, para a avogada de Santa Mariña María Esther Díaz. O seguinte nome feminino dos 3 que van na candidatura atopámolo no posto nº 5. É de mencionar tamén que na relación non figura Manuel Romero e que a lista péchaa como terceiro suplente o exalcalde Constantino Bedoya.

Deseguido mostramos as listas completas respectando a orde de publicación no Boletín Oficial da Provincia, que se rexe á súa vez pola orde en que foron presentadas perante a Xunta Electoral de Zona de Ferrol.

Candidatura nº 1: Bloque Nacionalista Galego (BNG)
1. Secundino García Casal
2. Maria Del Carmen Muíño Filgueira
3. Manuel Varela Mecías
4. María Amparo Calvo González
5. Manuel Beceiro Couce
6. Ana Belén Breixo Gundín
7. Tomás Calvo García
8. Araceli Bellas Castro
9. Álvaro Barros López
10. Ángela Arnosa Prieto
11. Rosende López Piñón

Suplentes
1. Sabela Íñiguez Cinza
2. Jesús Manuel Soto Vivero
3. Eva Torrente Soto
4. Jaime Vigo Sixto
5. María Elena Otero Leivas
6. Juan José Castrillón Martínez
7. Celsa Sabín Montero
8. Xosé López Gudín
9. Lucía Ríos Dopico
10. Alfonso Nicasio Tellado Sande

Candidatura nº2: Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE)
1. Lois Anxo Rodríguez Calvo
2. Yolanda Vázquez Pazos
3. Fernando Márquez Hermida
4. Juan Alberto Rivera Franco
5. María del Mar Calvo Vilar
6. José Hermida Castro
7. José Manuel Sixto Vila
8. Lucía López López
9. Fidel Casto López Barcia
10. María Carmen Meizoso Álvarez
11. Eduardo Lourido Do Val

Suplentes
1. Moisés Pereira Muiño
2. Andrés Muiño Rañal

Candidatura Nº3 Partido Popular (PP)
1. María Belén Trigo Meizoso
2. María Esther Díaz Vergara
3. José Luís Hermida Prieto
4. José Manuel Aneiros Rodríguez
5. Eva Fernández González
6. José Luís Yáñez Vega
7. Jesús Manuel Naveiras Rey
8. Luís Amable Santalla López
9. Evaristo Chao Vigo
10. Modesto Cebreiro Paz
11. David Naveiras Meijide

Suplentes
1. Hipólito Díaz Silva
2. Plácido López Loureiro
3. Constantino Bedoya Vazquez

Share.