Publicadas as listas electorais que concorren en San Sadurniño ás municipais do 28 de maio

0

O Boletín Oficial da Provincia de hoxe publica a relación de candidaturas presentadas perante as Xuntas Electorais de Zona para as eleccións municipais do próximo 28 de maio. En San Sadurniño o electorado poderá elixir entre tres listas: BNG, PSdeG-PSOE e Partido Popular, conformadas por un total de 47 persoas que se distribúen entre os 11 principais -o número de concelleiros e concelleiras que como máximo se poden elixir- e un número variable de suplentes. En todas elas hai nomes que veñen repetíndose nos últimos anos, alternados en maior ou menor medida con outros que ou ben recuncan ou ben entran formar parte da lista de cada partido por primeira vez. Con respecto a 2019 repiten como cabezas de candidatura o actual rexedor, Secundino García, e María Belén Trigo polo PP, mentres que o PSOE muda o aspirante á alcaldía levando de número un a Juan Alberto Rivera. 

Á vista da composición das listas e á espera de que a principios de maio abra a campaña para coñecer os programas e propostas concretas de cada partido, neste momento só cabe facer un pequeno repaso dos datos que se poden tirar do BOP, entre eles o número de membros e a paridade.

O BNG xuntou unha lista de 21 persoas, as 11 que corresponden ao número máximo de lugares na corporación máis outros 10 nomes de reserva. O Bloque tamén artellou a candidatura coma unha cremalleira, alternando homes e mulleres de principio a fin. No 11 inicial, encabezado por Secundino García, atopamos seis candidatas e candidatos que xa foran en 2019 e a incorporación de cinco persoas que ou ben se estrean ou ben soben desde postos máis baixos con respecto a anteriores citas electorais.

Seguindo a orde de publicación no Boletín Oficial da Provincia, o PSOE figura como candidatura nº2. Son 13 compoñentes, 11 nomes na lista obrigatoria e 2 na relación de suplentes.  En canto á paridade, o partido socialista presenta 9 homes e 4 mulleres, mantendo a alternancia de xénero até o posto número nove. A lista encabézaa Juan Alberto Rivera Franco -nº4 en 2019-, acompañado nos potenciais postos de saída por outras dez persoas candidatas onde aparecen tres nomes novos con respecto ás eleccións de hai catro anos.

Na publicación oficial aparece en terceiro lugar o Partido Popular. Como número un da candidatura repite María Belén Trigo xunto con 12 compoñentes. A formación popular  propón unha lista de 11 membros e dous suplentes conformada nos tres primeiros postos polo actual grupo municipal: Trigo e Esther Díaz -as dúas únicas mulleres da candidatura- e José Luis Hermida, seguidos dunha relación de aspirantes que case non varía con respecto a 2019, agás por un nome e a ausencia de Constantino Bedoya pechando a candidatura.

Deseguido mostramos as listas completas respectando a orde de publicación no Boletín Oficial da Provincia, que se rexe á súa vez pola orde en que foron presentadas perante a Xunta Electoral de Zona de Ferrol.

 

Bloque Nacionalista Galego (B.N.G)

  1. Secundino García Casal
  2. Mari Carmen Muíño Filgueira
  3. Manuel Varela Mecías
  4. Araceli Bellas Castro
  5. Manuel Beceiro Couce
  6. Raquel López Piñeiro
  7. José Manuel Martínez Pérez
  8. Lucía Ríos Dopico
  9. Juan Francisco Durán Bermúdez
  10. Oriana López Castiñeira
  11. Álvaro Barros López

Suplentes

  1. Ángela Arnosa Prieto
  2. Jesús Manuel Soto Vivero
  3. Sabela Íñiguez Cinza
  4. Xosé López Franco
  5. Ana Belén Breixo Gundín
  6. Antonio Gerardo Comba Pernas
  7. Lidia Pena Goti
  8. Tomás Calvo García
  9. Josefa Fernández Couce
  10. Xosé López Gudín

Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE)

  1. Juan Alberto Rivera Franco
  2. Yolanda Vázquez Pazos
  3. Frank Rodríguez Jiménez
  4. María del Mar Calvo Vilar
  5. Fernando Márquez Hermida
  6. Ofelia Orro Collazo
  7. Lois Anxo Rodríguez Calvo
  8. Lucía López López
  9. José Luis Sanjurjo Sixto
  10. José Hermida Castro
  11. Eduardo Lourido Doval

Suplentes

  1. José Antonio Grandal Carballo
  2. Fidel Casto López Barcia

Partido Popular (PP)

  1. María Belén Trigo Meizoso
  2. María Esther Díaz Vergara
  3. José Luis Hermida Prieto
  4. José Luis Yáñez Vega
  5. José Luis Díaz Santamariña
  6. Evaristo Chao Vigo
  7. Jesús Manuel Naveiras Rey
  8. Luis Amable Santalla López
  9. Modesto Cebreiro Paz
  10. Plácido López Loureiro
  11. David Naveiras Meijide

Suplentes

  1. Hipólito Díaz Silva
  2. Juan Antonio Hermida Tembrás

 

Share.