Publicada a lista de admisións para a quenda de agosto da Aldea de Verán

0

O Concello publica a resolución que contén o listado de nenas e nenos admitidos para a segunda quenda do programa socioeducativo Aldea de Verán, onde figura como indicador o número asignado a cada solicitude (non o nome dos usuarios/as). Tralo estudo das peticións e a elaboración do correspondente informe por parte do persoal técnico municipal, desde o Concello indícase que foron admitidas todas as solicitudes -33 en total-, entre as que se inclúen varias que quedaran excluídas para o período de xullo.

As familias poden proceder a efectuar o pagamento e deberán achegar tanto o recibo do ingreso como outra documentación necesaria, como por exemplo a copia dos documentos de identidade das persoas autorizadas a recoller as crianzas ou a da tarxeta sanitaria do neno ou nena admitida.

Esta documentación pode entregarse o luns 30 de xullo ás 19.00h., data na que está fixada unha xuntanza informativa entre o Concello e as familias que obtivesen praza.

Listado de admisións para a quenda de agosto da Aldea de Verán
Ficha de solicitude e información sobre a adxudicación de prazas (.pdf)
Autorización
Cuestionario médico

Share.