Proceso selectivo PIL 2021

0

O Concello de San Sadurniño volveu acollerse este ano ao Programa de Integración Laboral promovido pola Deputación da Coruña co que se poderán formalizar cinco contratos temporais cuxos procesos selectivos se farán en dúas veces: un agora para tres persoas desempregadas e outro máis adiante, no verán, cando se cubrirán os dous postos temporais restantes. Os perfís convocados a través do Servizo Público de Emprego de Galicia para a primeira quenda son o dun condutor ou condutora, outro coa especialidade en carpintaría e, por último, un peón ou peoa que ofreza apoio ao servizo de obras. 

A diferenza doutras convocatorias de emprego público, neste tipo de programas tanto San Sadurniño como outros concellos optan por solicitarlle ao propio SPEG un listado pechado de persoas que cumpran as condicións para desempeñar funcións en calquera dos postos ofertados.

Posteriormente, unha vez recibida a relación de aspirantes, faise un chamamento para que todas elas e eles presenten a documentación requirida e para que participen no proceso de selección mediante concurso oposición.  Nel valóranse cuestións como a situación familiar e/ou persoal e a experiencia e a formación acumuladas, que en ambos casos son baremables directamente. Pero tamén se fai unha proba oral e un exame tipo test centrado tanto no coñecemento do posto como do territorio.

Bases e documentos xerados durante o proceso:
Bases do proceso
Listado de persoas admitidas (publicado en web o 20/04/2021).
Acta coas puntuacións acadadas e proposta de contratación de aspirantes (publicado en web o 23/04/2021)
Resolución de contratación do persoal seleccionado (publicado en web o 29/04/2021)

As persoas aspirantes están convocadas para o 22/04/2021 entre as 10.00 e as 12.00h. para a realización da proba de selección (oral e escrita). Deberán achegar a documentación requirida nas bases, no caso de que dispoñan dela:

  • DNI
  • Tarxeta do paro actualizada
  • Certificación de estar cobrando prestacións ou subsidios de desemprego (de ser o caso)
  • Informe social (só no caso de situacións de violencia de xénero, drogodependencias, fogar con todas as persoas desempregadas, fogar monoparental ou persoas sen fogar)
  • Certificación de discapacidade (de ser o caso)
  • Carné de conducir C (esixible só na praza de condutor/a)
  • Diplomas de cursos organizados polas Administracións públicas (se se dispón deles)
Share.