Préstamos parcialmente reembolsables para pequenas e medianas empresas

0

Publicada a convocatoria de axudas en concorrencia competitiva e en forma de préstamos parcialmente reembolsables para proxectos empresariais de investimento que sexan creadores de emprego, previstos no instrumento financeiro do Programa do Fondo de Transición Xusta de España 2021-2027, territorio P2 A Coruña, modalidade de pequenas e medianas empresas (IG408J)

Son préstamos para accións que respondan a algunha das seguintes tipoloxías:

  •  Creación dun novo establecemento, derivado da creación dunha nova empresa ou que dea lugar á diversificación económica, modernización ou reconversión dunha empresa existente.
  • Ampliación de capacidade dun establecemento existente, sempre que supoña unha modernización respecto da tecnoloxía previamente utilizada.
  • Diversificación da produción dun establecemento para a fabricación de produtos que antes non se producían neste.
  • Transformación fundamental do proceso global de produción do produto ou produtos ou da prestación global do servizo ou servizos afectados polo investimento no establecemento.

Van dirixidos a pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Realicen ou teñan previsto realizar unha iniciativa empresarial localizada na provincia da Coruña.
  • Teñan previsto realizar un proxecto un investimento subvencionable mínimo de 60.000,00 € cumprindo os requisitos establecidos nestas bases, que supoña a creación neta de emprego no/nos centro/s de traballo da persoa beneficiaria na provincia da Coruña. Enténdese por creación neta de emprego a creación de polo menos 1 posto de traballo con contrato indefinido a tempo completo e manter este posto polo menos, durante 3 anos.

Condicionantes: Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos subvencionables e, ademais…:

  •  Antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá presentar a solicitude de axuda. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita a axuda con carácter previo á solicitude. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto. considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables. Para estos efectos, determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, NON se consideran inicio dos traballos.
  • A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Existe un efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento da empresa de modo que esta non emprendería o proxecto obxecto de solicitude sen a axuda, ou que só o emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación en que a empresa incorrería en calquera caso.

Poderán ser obxecto de axuda os proxectos pertencentes a todas as actividades económicas susceptibles de recibiren axudas, EXCEPTO:

  •  A fabricación, a transformación e a comercialización de tabaco e produtos de tabaco.
  • Os investimentos relacionados coa produción, a transformación, o transporte, a distribución, o almacenamento ou a combustión de combustibles fósiles.
  • O desmantelamento ou a construción de centrais nucleares.
  • Os sectores do aceiro, o lignito e o carbón.
  • O sector do transporte, así como a correspondente infraestrutura.
  • As axudas rexionais de funcionamento concedidas a empresas cuxas actividades principais estean incluídas no ámbito da sección K Actividades financeiras e de seguros de NACE Rev. 2 ou a empresas que realicen actividades intragrupo e cuxas actividades principais estean incluídas nas categorías 70.10 Actividades das sedes centrais ou 70.22 Outras actividades de consultaría de xestión empresarial de NACE Rev. 2.
  • Transformación e comercialización de produtos agrícolas.
  • Sector da pesca e a acuicultura.
  • Sector agrícola primario.

Investimentos subvencionables:

  • Só serán subvencionables a través do instrumento financeiro os investimentos produtivos en activos materiais e inmateriais adquiridos a terceiros non vinculados coa persoa beneficiaria. Os investimentos produtivos deben entenderse como investimentos en capital fixo ou como o activo inmobilizado.
  • Poderán financiar o IVE soportado polas persoas beneficiarias en relación cos investimentos que constitúan a operación. Con todo, para efectos do cálculo do tramo non reembolsable do préstamo, non se computará o IVE que sexa recuperable.
  • Só será subvencionable a adquisición de terreos por un importe que non exceda o 10 % do investimento total subvencionable da operación que se trate.
  • As adquisicións de bens inmobles ou de bens mobles inscritibles nun rexistro público deberán utilizarse para os fins previstos durante un período mínimo de 5 anos, e o resto dos investimentos na localización prevista durante un mínimo de 3 anos.
  • Os custos de adquisición de bens de equipo de segunda man serán subvencionables sempre que cumpran os seguintes requisitos: que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria; e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares; acreditaranse estes puntos mediante certificación de taxador independente

Financiamento do investimento subvencionable:

  • O préstamo para conceder ao abeiro destas bases reguladoras non superará o 70 % do investimento subvencionable.
  • Polo menos un 30 % do investimento subvencionable deberá ser financiado por terceiros.
  • A persoa beneficiaria das axudas deberá achegar unha contribución financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables.

Características dos préstamos: Os préstamos concedidos contarán cun tramo reembolsable e outro non reembolsable. O tramo non reembolsable estará constituído pola subvención concedida. A dita subvención materializarase no momento de acreditación do cumprimento do fito de creación de emprego e, se é o caso, doutras condicións de execución do proxecto baremadas na concesión do instrumento financeiro.

Prazo de solicitude: ata o 18/11/2024.

Importe: Non se establece un importe máximo de investimento subvencionable, aínda que o préstamo parcialmente reembolsable máximo estará limitado polo crédito orzamentario autorizado nas presentes bases reguladoras, diminuído, se é o caso, polo saldo restante derivado da prelación dos demais proxectos concorrentes.

Ligazón á convocatoria

 

Share.