O venres abren as preinscricións nas escolas municipais

0

O Concello volve poñer en marcha despois do verán a súa oferta de escolas culturais e deportivas para todas as idades: ximnasia para persoas maiores, fútbol, voleibol, gaita, pandeireta e baile tradicional. No caso do fútbol e do volei son a Escola de Fútbol Irmandiños e mailo Aldebarán quen se encargan da formación, polo que haberá que contactar directamente con esas dúas entidades para formalizar as inscricións. O teléfono da EF Irmandiños é o 667 55 32 29, mentres que o Aldebarán atende no 636 728186 e no 696 085 847.Para o resto das escolas será necesario facer antes a preinscrición chamando ao 981 490 027 ou pasando polas oficinas do Concello.

O prazo permanecerá aberto desde o venres 15 de setembro e cómpre que se xunten un mínimo de 8 solicitudes para cada unha das escolas. Unha vez que se confirmen os grupos poderase efectuar a matrícula a partir do día 3 de outubro na Casa do Concello ou pola Sede Electrónica.

Ademais, Cultura tamén ten previsto reanudar a actividade de música moderna impartida por Juan Leis e o seu equipo. O curso comezará o 4 de outubro e fai falla xuntar un grupo mínimo de 15 persoas para que a escola vaia adiante. As preinscricións tamén hai que facelas no 981 490 027 ou nas oficinas do Concello. Unha vez confirmada a praza será necesario -igual que no resto das escolas- rexistrar a folla de matrícula xunto co resgardo do pagamento.

Os horarios e lugares previstos -que poderían variar- son os seguintes:

XIMNASIA PARA PERSOAS MAIORES

Luns

Martes

Mércores

Xoves

Venres

16:00 a 17:00

Naraío

16:00 a 17:00

Igrexafeita

16:00 a 17:00

Naraío

16:00 a 17:00

Igrexafeita

16:00 a 17:00

Santa Mariña

17:15 a 18:15

Lamas

17:15 a 18:15

San Sadurniño

17:15 a 18:15

Santa Mariña

17:15 a 18:15

San Sadurniño

17:15 a 18:15

Lamas

MÚSICA TRADICIONAL

Martes

Mércores

Xoves

Iniciación PANDEIRETA

18:30 a 19:30

Iniciación GAITA

19:30 a 20:30

Perfeccionamento PANDEIRETA

19:30 a 20:30

BAILE TRADICIONAL

20:00 a 21:00

Perfeccionamento GAITA

20:30 a 21:30

En canto ao uso por parte de entidades e particulares das instalacións culturais e deportivas municipais para o próximo curso, desde o Concello tamén se informa que o prazo de solicitude dos espazos está aberto desde o 31 de agosto. A petición debe rexistrarse no Concello ou na Sede Electrónica.

Como vén sendo habitual, o ximnasio continuará até outubro con horarios especiais. Entre o 11 e o 30 de setembro só abrirá polas tardes de 16:00 a 23:00h. Uns días antes de que arranque o mes que vén publicaranse os horarios da temporada que entra.

Por último, desde a semana pasada están xa en marcha as clases de Pilates na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade fóra da oferta municipal ofrecida polo ximnasio Beni-Gym que se desenvolverá nos seráns dos luns e os mércores con prazas limitadas. Neste caso hai que anotarse chamando ao 665 957 056.

Share.