O pavillón acolle de novo a Copa Voleibol Xunta de Galicia

0

A Copa Voleibol Xunta de Galicia, que enfronta aos mellores equipos sénior masculinos e femininos da última campaña, regresa a San Sadurniño esta fin de semana. A competición autonómica desenvolverase no municipal o sábado e o domingo, o primeiro día cos enfrontamentos dos catro equipos femininos e o segundo cos catro mellores equipos masculinos, entre eles o Aldebarán-Intasa que segue cos axustes de cara a unha temporada que arranca en dez días.  

A copa volve a San Sadurniño tres anos despois de terse celebrado aquí por primeira vez e, de novo, será unha oportunidade excelente para ver en acción os oito mellores equipos do voleibol galego loitando polo primeiro título da temporada.

A competición comezará o sábado 28 coa quenda feminina, na que participan o club lugués Arenal Emevé (participante na Liga Iberdrola e na 1ª Nacional Feminina), o Instituto Zalaeta da Coruña (Superliga 2), o CV Ourense Aceites Abril (1ª Nacional) e o Conforgal Xuvenil Teis, tamén da primeira estatal. Loitarán polo título en tres partidos -dúas semifinais e unha final- no que o equipo coruñés defenderá o título conseguido en Cambados o ano pasado.

No apartado masculino a Copa decidirase o domingo 29 entre o Arenal Emevé de Superliga -máxima categoría do volei estatal- e os tres equipos galegos que, xunto co Rotogal Boiro, xogarán esta temporada na SM2: o Club Vigo Voleibol, o Voleibol Dumbría e o anfitrión, o Aldebarán-Intasa de San Sadurniño. Neste caso será o Emevé quen defenderá un título obtido en 2023 nunha final que o enfrontou ao equipo de Parga.

O cadro de emparellamentos é o seguinte:

SÁBADO 28 – FEMININO

Partido

Fase

Día

Hora

Equipo local

Equipo visitante

1

Semifinal

sábado

10:00

Arenal Emevé

Conforgal Xuvenil Teis

2

Semifinal

sábado

12:00

CV. Instituto Zalaeta

Aceites Abril CV Ourense

3

Final

sábado

17:30

Ganador 1

Ganador 2

 

DOMINGO 29 – MASCULINO

Partido

Fase

Día

Hora

Equipo local

Equipo visitante

1

Semifinal

domingo

10:00

Arenal Emevé

Voleibol Dumbría

2

Semifinal

domingo

12:00

Aldebarán-Intasa

Club Vigo Voleibol

3

Final

domingo

17:30

Ganador 1

Ganador 2

 

Share.