O Aldebarán-Intasa volverá loitar a partir deste xoves por unha praza na Superliga de voleibol

0

O Pavillón Carlos García San Román de Las Palmas de Gran Canaria acollerá desde este xoves 23 de abril até o domingo 26 a fase final da Superliga Masculina 2. Os seis mellores conxuntos da categoría ao remate da Liga Regular serán os protagonistas do último treito da competición, que servirá para definir as dúas prazas de ascenso á Superliga Masculina e o nome do campión da categoría, que sucederá no palmarés ao UC3M Voleibol Leganés. O Aldebarán-Intasa acode á cita como un dos grandes favoritos e coa firme determinación de conseguir, de novo, o dereito a subir á Superliga.

Os grupos e emparellamentos da Fase Final definíronse hai uns días por sorteo na sede da RFEVB tras o sorteo.  Neste sentido, o Almendralejo Extremadura, UBE L’Illa Grau e CV Suac Canarias conformarán o Grupo A, mentres que Grupo Egido Pinto,  Arona Spring in Motion e os nosos, o Intasa San Sadurniño, serán quen se enfronten no B.

Os dous grupos disputarán unha liguiña a unha volta entre xoves e venres para conformar a clasificación que definirá as semifinais da tarde do sábado (ademais do quinto e sexto posto que se xogará ese mesmo día pola mañá). Destes  últimos partidos sairán os dous finalistas que medirán forzas para conseguir o campionato da Superliga Masculina 2, coa tranquilidade, iso si, de que ambos terán asegurada xa cadansúa praza para xogaren o ano que vén na Superliga.

Os momentos clave para o noso equipo -e tamén para o resto- poderán seguirse ao vivo a través da canle de Youtube da federación. O primeiro partido do Aldebarán será contra o Arona o xoves ás 17:00h (hora canaria) e o segundo está posto para o venres ás 10:00h contra o Grupo Egido Pinto.

O Aldebarán-Intasa, que rematou segundo de grupo a rolda ligueira, acode á cita canaria nun momento de forma excepcional e avalado por unha traxectoria que o confirma como un dos grandes favoritos para ascender e para conseguir o título da división de prata do volei estatal.

Cruzamentos da fase final (hora canaria)

GRUPO A

Xoves, 19:30h SUAC Canarias vs. UBE L´Illa Grau

streaming

Venres, 12:30h CV Almendralejo Extremadura vs. UBE L´Illa Grau

streaming

Venres, 19:30h SUAC Canarias vs. CV Almendralejo EXtremadura

streaming

GRUPO B

Xoves, 17:00h Aldebarán-Intasa vs. Arona Spring in motion

streaming

Venres, 10:00h Grupo Egido Pinto vs. Aldebarán-Intasa

streaming

Venres, 17:00h Arona Spring in motion vs. Egido Pinto

streaming

 

FASE FINAL

5º e 6º posto Sábado, 12:00h 3º Grupo A vs. 3º Grupo B

streaming

Semifinal 1 Sábado, 17:00h 2º Grupo A vs. 1º Grupo B

streaming

Semifinal 2 Sábado, 19:30h 1º Grupo A vs. 2º Grupo B

streaming

3º e 4º posto Domingo, 09:30h Perdedor semifinal 1 vs. Perdedor semifinal 2

streaming

Final Domingo, 12:00h Ganador semifinal 1 vs. Ganador semifinal 2

streaming

Share.