Listado provisional de admisións na Aldea de Verán 2025

0

O departamento municipal de Igualdade publicou este xoves no tablón de anuncios do Concello a resolución da alcaldía co listado provisional de nenas e nenos admitidos na Aldea de Verán 2025, que comeza o próximo 1 de xullo. Na relación figuran todas as solicitudes presentadas para a primeira quenda -a de xullo- e tamén aquelas presentadas para a segunda, a de agosto, que tamén foron admitidas na súa totalidade.

A lista permanece exposta durante tres días por se houbese algunha alegación. Superado ese período elevarase a definitiva e as familias terán outros tres días para efectuar o pagamento do servizo, segundo os horarios de entrada, o número de irmáns/ás que asistirán e os descontos que sexan de aplicación.

Horario de 8:00 a 15:00h Horario de 9:00 a 15:00h
1º membro da familia 110 € / 99 €* 80 € / 72 €*
2º membro da familia 75 € / 68 €* 50 € / 45 €*
3º membro da familia 45 € / 41 €* 30 € / 27€*

Documentación descargable:
Listado provisional de admisións
Información xeral
Folla de inscrición
Autorización de representación

Procedemento na Sede Electrónica

logos igualdade

Share.