Listado definitivo de crianzas admitidas na 2ª e 3ª quenda da Aldea de Verán

0

O Concello acaba de publicar a relación definitiva de nenas e nenos admitidos para a 2ª e 3ª quenda do programa socioeducativo Aldea de Verán, que se desenvolverá no primeiro caso entre o 3 e o 14 de agosto e, no segundo, do 17 ao 31 de agosto.

Durante o procedemento de solicitude houbo 24 solicitudes para a segunda quenda, das que 3 tiveron que quedar en lista de agarda por superarse o número de prazas dispoñibles. Porén, unha vez rematado o período de matriculación -do 16 ao 23 de xullo-, houbo dúas familias que non fixeron ese trámite, polo que se lles facilita o acceso a dúas das que estaban á espera dalgunha vacante. A estas últimas xa se lles comunicou a dispoñibilidade de praza e a necesidade de facer  a matrícula.

No tocante á 3ª quenda, na que inicialmente se admitiron todas as solicitudes -20 en total-, houbo 6 familias que tampouco formalizaron a matrícula. Estas prazas poden cubrirse agora con outras tantas solicitudes presentadas fóra de prazo e que, de igual modo, deben facer o trámite de matriculación para confirmar a súa entrada nesta quenda, que se desenvolverá na segunda quincena de agosto. A área de Igualdade xa informou sobre esta posibilidade ás familias solicitantes.

As familias participantes nas dúas quendas da Aldea de Verán están convocadas a unha xuntanza informativa este xoves 30 de xullo ás 19.30h. na Casa da Cultura.

Listado definitivo 2ª e 3ª quenda

Ficha de matrícula (.pdf)
Folla de datos sanitarios (.pdf)
Autorizacións (.pdf)
Aceptación das condicións de participación (.pdf)
Declaración responsable (.pdf)

Share.