Listado definitivo da rapazada admitida na primeira quenda da Aldea de Verán

0

Publicado o listado definitivo de crianzas admitidas na primeira quenda do campamento de conciliación Aldea de Verán. A relación inclúe a resolución referida ás dúas reclamacións presentadas. As familias están convocadas a unha xuntanza o venres 30 de xuño a partir das 19:00h na Casa da Xuventude.

Nese encontro presentarase o equipo de monitoraxe que coordinará o campamento e tamén se explicará o programa educativo e de actividades que se vai levar a cabo durante os próximos dous meses, ademais de facilitarlle ás familias outra información do seu interese.

A data de inicio da quenda de xullo da Aldea de Verán está fixada para o martes 4. A cativería inscrita -toda con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos- empezará con distintos horarios segundo as preferencias expresadas polas familias. Os máis madrugadores e madrugadoras  entrarán ás 8:30h e o resto iniciarán a mañá entre as 9:30 e as 10:00h, rematando en ambos casos ás 14:30h. As actividades desenvolveranse no ximnasio do CPI, salvo aquelas que se fagan no marco de visitas a outros espazos.

Desde o Concello lémbrase, por último, que o prazo de solicitude da Aldea de Verán para a quenda de agosto permanecerá aberto entre o 4 e o 15 de xullo, ambos días incluídos (hai uns días indicamos por erro que o prazo abriría o 3, que é festivo local). As familias que solicitasen xullo e agosto e que se encontren en lista de agarda na primeira quenda non terán que presentar de novo  a solicitude.

Listado de solicitudes admitidas na quenda de xullo e preinscricións agosto (.pdf)

Share.