Lista de admisións na quenda de agosto da Aldea de Verán

0

Aprobada por resolución da alcaldía con data 20 de xullo a lista de nenas e nenos admitidos provisionalmente na quenda de agosto da Aldea de Verán, dándo un prazo de dous días hábiles -o venres 21 e o luns 24 de xullo- para presentar alegacións. Unha vez superado ese prazo sen que se achegasen obxeccións, a lista elevouse a definitiva.

Foron un total de 21 solicitudes, asignadas segundo a prioridade do acceso da seguinte maneira: 7 para rapazada de familias empadroadas en San Sadurniño, 2 con vinculación laboral no municipio, 6 correspondentes a nenas e nenos de fóra do concello pero que están matriculadas no CPI e, por último, 6 peticións sen relación laboral nin escolar en San Sadurniño.

A área de Igualdade e as monitoras do campamento manterán unha xuntanza informativa coas familias o venres 28 de xullo ás 19:00h na Casa da Xuventude, coa finalidade de explicar o programa de actividades e solventar dúbidas. A quenda de agosto da Aldea de Verán arrancará o día primeiro.

Resolución listado  Aldea de Verán quenda de agosto

Share.