“Fai clic ao teu bocata” recala na Aldea de verán de San Sadurniño

0

Mmmmmm! hoxe a rapazada da Aldea de Verán de San Sadurniño comeu unha merenda de media mañá ben rica, ao tempo que descubriron canta variedade e calidade ofrece o noso mar. E é que esta mañá achegouse até o ximnasio do CPI o proxecto da Xunta “Fai clic ao teu bocata” que lles explicou ás nenas e nenos por que as conservas de peixe e marisco son unha fantástica opción para meter no medio do pan.

No obradoiro aprenderon que estes produtos enlatados son moi sans, que manteñen practicamente todas as propiedades nutritivas e, ademais, que están moi bos, algo que elas e eles mesmos puideron comprobar degustando bocadillos con distintas conservas e preparacións moi imaxinativas.

Ademais, ao remate da xornada, tamén levaron para a casa varios agasallos da campaña, dirixida á promoción dunha alimentación saudable entre a infancia e a mocidade.

Share.