Este venres remata o prazo de inscrición no programa de Memoria activa para maiores

0

Tal e como informamos no último boletín Novas, o próximo 26 de marzo comezará unha nova edición do programa de Memoria activa para persoas maiores que se desenvolve de forma itinerante polos locais sociais das parroquias. Nesta actividade ponse a traballar a cabeza por medio de sinxelos exercicios, o que prevén a aparición de esquecementos ao tempo que axuda a anticipar a detección de posibles problemas. Para levar a cabo o programa en cada lugar é necesario que haxa un grupo de alomenos 8 persoas. As inscricións poden facerse ata este venres 15 de marzo directamente no Concello ou chamando ao 981 490 027.

O programa estará formado por 5 sesións de estimulación cognitiva onde as persoas participantes -preferentemente maiores de 55 anos- farán distintos exercicios físicos e mentais. Máis que unha clase trátase dun punto de encontro con xogos individuais e en grupo que nos axudarán a ter a cabeza en boa forma, retrasando e previndo desta maneira a aparición deses esquecementos tan habituais a partir de certas idades.

As actividades terán lugar nos locais sociais das parroquias e será necesario xuntar en cada lugar un grupo mínimo de 8 persoas. o Programa de Memoria Activa para maiores desenvolverase os martes, mércores e xoves desde o 26 de marzo até o 23 de maio. Os horarios son os seguintes:

Martes

Mércores

Xoves

Lamas

16.00 a 17.00h.

Sta. Mariña

16.00 a 17.00h.

Ferreira

16.00 a 17.00h.

San Sadurniño

17.15 a 18.15h.

Naraío

17.15 a 18.15h.

Bardaos

18.30 a 19.30h.

Igrexafeita

18.30 a 19.30h.

 

Para anotarse hai que chamar ao Concello -981 490 027- ou ben pasar por alí antes deste venres 15 de marzo ás 14.30h.

Share.