Liña aberta para a solicitude de axudas para o fomento da contratación dos seguros agrarios incluídos no Plan de seguros agrarios combinados para o exercicio 2025.
A subvención conxunta entre Entidade Estatal de Seguros Agrarios (Enesa) e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder o seguinte límite xenérico: para as liñas de seguros agrícolas e gandeiras (anexo I) establécese un límite do 75 % do custo da prima comercial base neta, sen incluír as recargas.
No caso dos seguros de retirada e destrución de animais mortos nas explotacións, a subvención conxunta entre Enesa e a Consellería do Medio Rural non poderá exceder do límite xenérico do 100 % do custo da prima do seguro, no que respecta á retirada de gando morto, e do 75 % do coste da prima do seguro, no tocante á destrución do devandito gando.
Para o cálculo do importe definitivo de subvención, ás cantidades que resulten de aplicar as porcentaxes do número 1 e os límites impostos no número 2 deste artigo restaráselles a cantidade de 15 euros. Non se concederá ningunha subvención a aquelas solicitudes en que este cálculo resulte igual ou inferior a esta cantidade.
Porcentaxes de subvención base aplicables
- Seguros de producións agrícolas: Establécese unha subvención do 22 % sobre a prima comercial base neta, aplicable ás pólizas das liñas de seguro de explotacións agrícolas.
- Seguros de producións gandeiras: seguros de explotación. Establécese unha subvención do 16 % sobre a prima comercial base neta.
Subvención única por especie (seguro de retirada e destrución de animais mortos na explotación), que contará cunha subvención única por especie sobre a prima comercial base neta
Liñas de seguro | Produción asegurable | Data de inicio da subscrición | Subv. da CA de Galicia (%) |
Seguro para a cobertura dos gastos derivados da retirada e destrución de animais mortos na explotación. | Bovina, ovina e caprina, porcina, aviar, equina, piscícola, cérvidos e camélidos. | 1 de xuño | 28 |
Cunícola | 1 de xuño | 40 |