Do 17 de febreiro ao 17 de marzo: Subvencións das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-Autónomos/as/2025)

0

Axudas en concorrencia competitiva para sufragar parte das cotas da seguridade social correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia do ano 2025 de persoas autónomas nos meses que non reciben outras axudas concedidas por entidades ou organismos públicos ou privados. A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 10.000 habitantes.

Persoas beneficiarias: Persoas autónomas que non reciban na anualidade 2025 ningunha axuda ou concepto similar por parte de ningunha entidade ou organismo público para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social e reúnan con anterioridade á data de publicación da convocatoria os seguintes requisitos:

  • Ter o domicilio fiscal nun Concello da provincia da Coruña de poboación menor a 10.000 habitantes conforme os datos máis recentes dispoñibles no Instituto Galego de Estadística e segundo o recollido no Certificado de situación censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
  • Estar de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.
  • Estar de alta como titular en algunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria.
  • Non ter obtido na anualidade 2024  ningunha das axudas PEL-AUTÓNOMOS/AS e PEL-AUTÓNOMOS/AS CONSOLIDADOS/AS.

Gastos subvencionables: As cotas mensuais das persoas autónomas correspondentes ao ano 2025.

Período subvencionable: Subvencionaránse exclusivamente as cotas mensuais correspondentes a anualidade 2025.

Prazo de solicitude: o 17/02/2025, ás 09 :00 horas ata o 17/03/2025, ás 14 :00 horas.

Cantidade: A axuda consistirá nunha contía fixa de 200 € por cada mes nos que se cumpran os requisitos ata un máximo de 12 meses e un mínimo de 6 meses correspondentes ao período subvencionado 2025 conforme ao seguinte cadro:

Contía máxima correspondente a 12 meses 2.400 €
Contía correspondente a 11 meses 2.200 €
Contía correspondente a 10 meses 2.000 €
Contía correspondente a 9 meses 1.800 €
Contía correspondente a 8 meses 1.600 €
Contía correspondente a 7 meses 1.400 €
Contía mínima correspondente a 6 meses 1.200 €

Ligazón á convocatoria

 

 

Share.