O Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible activou descontos de ata o 90% para facilitarlle á mocidade viaxar en transporte público este verán, tanto por España como por Europa. As rebaixas aplicaranse nos billetes sinxelos e de ida e volta dos trens e dos autobuses de titularidade estatal e dos pases Interrail que teñan data para viaxar.
Para beneficiarse hai que rexistrarse polo menos 24 horas antes de realizar a primeira compra, de cara a confirmar que se cumpren os requisitos de elixibilidade. Tralo rexistro, obterase un código que se debe proporcionar á empresa operadora á hora de adquirir o billete para o desconto. As empresas poñerán en marcha a venda dos billetes con descontos a medida que vaian adaptando os seus sistemas.
Requisitos
- Ter nacido entre el 01/01/1994 e o 31/12/2006.
- Ter nacionalidade española.
- Tamén persoas estranxeiras con residencia legal en España.
Cando se pode viaxar: Entre o 01/07/2024 e o 30/09/2024.
Importe dos descontos:
- 90% – Trens de media distancia convencional, trens de ancho métrico e liñas de autobuses estatais
- 50% – Alta velocidade (máximo 30€ por billete), trens de longa distancia convencional, trens AVANT e Interrail