Datas e lugares das probas para a obtención do Celga 4, Celga 3 e Celga 2

0

Publicadas no DOG as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), que se desenvolverán nos seguintes lugares e datas:

Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada:

  • 16 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: H, I, J, K, L, M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T e U.
  • 17 de novembro de 2024, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: V, W, X, Y, Z, A, B, C, D, E, F e G.

Celga 3, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 23 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas.

 – Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 24 de novembro de 2024, para todas as persoas admitidas

 Os centros de realización das probas serán: O IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10) para as probas que terán lugar en Santiago de Compostela; e a Escola Oficial de Idiomas (vía Río Burbia s/n) para as probas de Ponferrada.

Todos os exames comezarán ás 9:00 horas.

Ligazón á convocatoria

Share.