Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4

0

No DOG número 49, do 13 de marzo, publicouse a resolución do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), niveis 1, 2, 3 e 4, no ano 2026. Neste sentido, a Xunta fixou as seguintes datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega (Celga), convocadas mediante citada resolución:

– Celga 4:
23 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: M, N, Ñ, O, P, Q, R, S, T, U, V, W, X, Y, Z e A.
24 de maio de 2026, para as persoas admitidas cuxo primeiro apelido empece por algunha das seguintes letras: B, C, D, E, F, G, H, I, J, K e L.

– Celga 3:
30 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

– Celga 2:
31 de maio de 2026, para todas as persoas admitidas.

– Celga 1:
6 de xuño de 2026, para todas as persoas admitidas.

Os centros de realización das probas que nos quedan máis preto son os de Santiago de Compostela: IES Antonio Fraguas Fraguas (rúa de Londres, 10) para o Celga 4, Celga 3 e Celga 2; e a e Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2) para o Celga 1.

As probas comezarán ás 9:00 horas, de modo que as persoas admitidas deberán presentarse no centro que lles corresponda con antelación suficiente. Na web da Secretaría Xeral da Lingua (https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias) tamén se poderá consultar esta información, así como as listaxes definitivas de persoas admitidas. Así mesmo, na web publicarase, na semana das probas correspondentes, a porta de acceso ao centro e mais a aula asignada a cada persoa para a realización da proba escrita. Respecto da proba oral de cada nivel Celga, lémbrase que esta se realizará o mesmo día que a proba escrita.

Ligazón ao anuncio

Share.