A Escola Galega de Administración Pública, ao abeiro dun convenio de colaboración co Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, convoca tres edicións dun curso básico en prevención de riscos laborais, impartido na modalidade de teleformación.
Persoas destinatarias: os empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, empresarios/as e aquelas persoas con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.
Edicións: tres
Prazas por edición: 100
Modalidade: teleformación
Datas: do 17 de setembro ao 15 de novembro de 2024.
Matrícula: desde as 9:00 horas do 19 de agosto ata as 23:55 horas do 29 de agosto na área de matrícula da EGAP.
Prazos
Prazo de solicitude: dende o 19 ao 29 de agosto de 2024.
Enlace
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240722/AnuncioO150-100724-0001_gl.html