Curso de nivel básico dirixido a persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais e, en particular, a aquelas que se dediquen á organización e xestión de actividades de tempo libre.
O curso oferta 100 prazas e desenvolverase en modalidade de teleformación cunha duración de 60 horas lectivas. Comezará o 24 de setembro e finalizará o 22 de novembro, día no que tamén se realizará a proba de avaliación final, tamén de maneira telemática..
Contidos:
- Conceptos básicos sobre seguridade e saúde no traballo.
- Riscos xerais e a súa prevención.
- Riscos específicos do sector da actividade da empresa e a súa prevención.
- Elementos básicos da xestión da prevención de riscos.
- Primeiros auxilios.
- Prevención de riscos laborais desde a perspectiva de xénero.
Prazo de solicitude: dende o 26 de agosto ao 5 de setembro de 2024.