Proceso de contratación de persoal dentro do programa APROL RURAL

0

Publicadas as bases polas que se rexerá a contratación de 2 persoas co perfil laboral de especialista forestal durante un período de 9 meses e a tempo completo, no marco do programa de emprego da Xunta “APROL RURAL 2018”.  O proceso selectivo farase mediante unha solicitude ao Servizo Público de Emprego de Galicia para que envíe unha relación de persoas que se axusten á convocatoria que, posteriormente, deberán superar unha proba escrita -fase de oposición-, así como a correspondente valoración de méritos -fase de concurso-.

Documentación descargable xerada durante o proceso:
Bases polas que se rexerá a contratación e anexos (.pdf)

Resolución do 15/06/2018 (.pdf) Listado de persoas participantes no proceso e asignación provisional de puntuacións por méritos, así como a convocatoria para realizar a proba escrita o martes 19 de xuño ás 11.00h. no Salón de Plenos.

Acordo do tribunal de selección do 20/06/2018 (.pdf) Relativo á publicación da lista definitiva de aspirantes xunto coa puntuación total obtida nas dúas fases (valoración de méritos e proba). No anuncio lémbrase o estipulado nas bases para casos de empate: terán preferencia as persoas que non perciban ningunha prestación ou subsidio de desemprego e, de persistir o empate, terase en conta a data de maior antigüidade en situación de desemprego.  Os aspirantes que se encontran nesta situación teñen ata o  22 de xuño ás 14.30h. para achegarlle ao Concello a autorización de cara a que o SPEG lle poida remitir a información solicitada.

Anuncio co listado de puntuacións e proposición de nomeamento de aspirantes, publicado o 22/06/2018 (.pdf)

 

Share.