Bases do proceso de contratación de persoal temporal dentro da segunda quenda do PEL

0

O Concello adheriuse este ano ao Plan de Integración Laboral da Deputación da Coruña, co que se efectuarán cinco contratacións temporais de persoas desempregadas que cumpran as bases establecidas polo ente provincial. Hai uns meses levouse adiante o procedemento de selección para a cobertura de tres postos ao abeiro deste programa, por medio dunha solicitude ao Servizo Público de Emprego de Galicia dun listado de persoas en situación de desemprego con perfís axustados tanto ás características de cada posto -condutor/a, carpinteiro/a e peón/oa de obras- entre os que, posteriormente, o Concello fixo a selección mediante avaliación de méritos e das circunstancias persoais acreditadas documentalmente.

Agora iníciase da mesma maneira o proceso para a selección doutras dúas persoas para efectuar traballos de albanelaría e de peonaxe especial. En ambos casos serán contratos a tempo parcial -34 horas semanais- até o 31 de decembro de 2021.

Tamén de igual maneira, o Concello introducirá no SPEG unha solicitude do listado de aspirantes, que logo serán convocados para achegar a documentación xustificativa do cumprimento dos requisitos e tamén para participaren nas dúas fases de selección: dunha banda un concurso que outorgará até 4 puntos pola formación (ata 2 puntos) e as circunstancias sociais (ata 2 puntos) e, doutra, unha oposición na que se poderán obter até 6 puntos, que se desenvolverá mediante unha sinxela entrevista e un exame tipo test para avaliar os coñecementos sobre o posto e tamén sobre o territorio municipal.

Para poder entrar na relación de aspirantes que enviará o Servizo Público de Emprego de Galicia é moi importante ter ao día a tarxeta de demandante de emprego e, ademais, encontrarse como solicitante de traballo dentro dos códigos coincidentes cos postos ofertados.

Bases do proceso de selección e composición do tribunal

Listaxe de persoas admitidas (data de publicación en web: 22/07/2021) As probas desenvolveranse no salón de plenos do Concello o venres 23 de xullo de 2021 entre as 10 e as 12.00h.

Acta cos resultados obtidos polas persoas aspirantes nas fases de concurso e oposición (data de publicación en web: 23/07/2021)

 

Share.