Bases de contratación dos programas de emprego APROL Rural e PEL

0

O Concello volveu solicitar neste 2019 o PEL e o Aprol Rural, dous programas deseñados por Deputación e Xunta respectivamente que lles ofrecen aos municipios a posibilidade de contratar persoas desempregadas co obxectivo de reforzar as súas brigadas de obras e servizos. No noso caso a axuda do Plan de Emprego Local chega aos 28.000 euros, cos que se custearán tres contratos temporais: un para conducir o camión e a maquinaria municipal durante seis meses, outro para labores de albanelaría ao longo de cinco meses e medio e un terceiro de peonaxe coa mesma duración. O Aprol Rural supón outros 26.300 euros, destinados neste caso á contratación de dúas persoas como especialistas forestais por un período de 9 meses. A selección farase mediante concurso-oposición sobre un listado de persoas candidatas que será elaborado polo Servizo Público de Emprego de Galicia. 

Os postos de carácter temporal que se cubrirán dentro do PEL son os seguintes:

  • Un condutor ou condutora de camión (necesario o carné C), durante 6 meses a tempo completo para guiar na maquinaria municipal, incluída a agrícola, para facer rozas na rede viaria ou atender a recollida do lixo.
  • Unha persoa para facer traballos de albanelaría a tempo parcial -6h./día- durante 5,5 meses, co cometido de realizar pequenas obras de mantemento.
  • Un peón ou peoa a tempo parcial -tamén a 6 horas diarias durante cinco meses e medio- que apoie o traballo da área de servizos.

Os contratos sufragados polo Aprol Rural  serán para dúas persoas especialistas forestais, encargadas de tarefas de limpeza e roza de maleza en espazos públicos. Neste caso os contratos temporais  terán unha duración de 9 meses a xornada completa.

Documentación descargable
Bases APROL Rural (Xunta de Galicia)
Bases PEL (Deputación da Coruña)

Documentación xerada durante o proceso
Listaxe de persoas convocadas para a selección do APROL -Proba o luns 13/05/2019 ás 9.00h. no Salón de Plenos
Listaxe de persoas convocadas para a selección do PEL -Proba o luns 13/05/2019 ás 10.00h. no Salón de Plenos

Acta de selección PEL (publicada o 14/05/2019)
Acta de selección APROL Rural (publicada o 14/05/2019)

Share.