Axudas para a conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade para o ano 2024 (SI440A)

0

Axudas en concorrencia competitiva que buscan promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como medida para fomentar a corresponsabilidade e a conciliación da vida familiar e laboral. Búscase incentivar ás persoas traballadoras para que reduzan a súa xornada laboral co fin de atender e coidar aos seus fillos, así como apoiar a familias monoparentais que necesiten conciliar a súa vida laboral, persoal e familiar.

Persoas beneficiarias: Persoas físicas que entre o 1 de agosto de 2023 e o 31 de xullo de 2024 reduzan a súa xornada laboral para o coidado dun fillo menor de tres (3) anos, ou menor de doce (12) anos no caso de que padeza unha discapacidade recoñecida dunha porcentaxe igual ou superior ao 33%. Tamén son beneficiarias as persoas que adopten ou acollido a un menor baixo condicións específicas de tempo e discapacidade.

Condicionantes: Convivir coa filla ou fillo e ter uns ingresos non superiores a sete (7) veces o IPREM segundo a declaración do IRPF do último período impositivo co prazo de presentación vencido (2023).

Actuacións subvencionables: Redución da xornada laboral como medida para fomentar a conciliación e a corresponsabilidade no coidado de fillos e fillas. Isto inclúe incentivos para traballadores que opten por reducir a súa xornada para a atención e o coidado dos seus fillos, así como apoio específico para familias monoparentais que necesitan compaxinar a vida laboral, persoal e familiar.

Contía: A axuda oscila entre 1.700 € e 3.700 €, dependendo da porcentaxe de redución da xornada laboral, a duración da redución e o número de fillos menores de doce (12) anos. A contía reducirase proporcionalmente si o período subvencionable é inferior a oito (8) meses ou si a xornada realízase a tempo parcial.

Prazo de solicitude: ata o 09/09/2024

Ligazón á normativa

 

Share.