Convocatoria de axudas en rexime de concorrencia competitiva e a fondo perdido para cubrir parte das cotas que pagan as persoas autónomas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.
Persoas beneficiarias: Persoas autónomas con un mínimo de cinco anos de actividade que non reciban outras axudas publicas para o pago das súas cotas sociais que cumpran os seguintes requisitos:
- Ter o domicilio fiscal nun concello da provincia da Coruña de poboación menor a 10.000 habitantes.
- Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadoras/es Autónomas/os (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social, cunha antigüidade ininterrompida mínima de 5 anos. Considérase que non existe interrupción cando entre o cese e a nova alta transcorran menos de 12 meses.
- Non recibir na anualidade 2024 ningunha axuda ou concepto similar.
- Estar dado de alta nalgunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria como titular.
Actuacións subvencionables: As cotas mensuais de autónomos correspondentes ao ano 2024 que non reciban ningún tipo de axuda ou calquera outro concepto similar.
Prazo de solicitude: ata o 25/10/2024, ás 14:00 horas.
Cantidades e período subvencionable
Contía máxima a solicitar (no caso de solicitar as 12 cotas) | 2.400 € |
Contía mínima a solicitar (no caso de solicitar 6 cotas) | 1.200 € |
Contía variable (en caso de solicitar máis de 6 e menos de 12) | 200 * número de meses non subvencionados/bonificados |
Ligazóns á normativa que regula a convocatoria:
Bases xerais
Convocatoria (anuncio da apertura do prazo)