Publicada a convocatoria da axuda estatal de 400 euros do programa Bono Cultural Joven, que se abonará en tarxetas prepago personalizadas, para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais. Dirixida a mocidade que faga os 18 anos ao longo deste 2024.
Actuacións subvencionables e contía: A obtención da axuda de 400 euros do programa Bono Cultural Joven para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías e cos límites máximos que se indican:
- Un máximo de 200 euros para destinalos a artes ao vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais.
- Un máximo de 100 euros para produtos culturais en soporte físico, que inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos en vinilo, cd, dvd e Blu-ray.
- Un máximo de 100 euros para consumo dixital ou en liña, que inclúe subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, compra de libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas de venda de música, subscrición para descarga de arquivos multimedia (podcasts), subscricións a videoxogos na nube ou en liña, e subscricións dixitais a prensa, revistas ou outras publicacións periódicas.
Prazo de solicitude: ata o 16/09/2024.