Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2024/25 (ED421A)

0

Axudas en concorrencia competitiva dirixidas ao financiamento  da matrícula nun máster universitario oficial nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, dirixido a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego durante o curso académico 2024/25.

Persoas beneficiarias: Persoas tituladas universitarias que estean desempregadas, finalicen os seus estudos universitarios antes do 30 de setembro de 2023, e estean matriculadas nun máster oficial nunha universidade pública de Galicia, cun mínimo de 60 créditos.

Condicionantes: Non gozar desta axuda en convocatorias anteriores e non estar incluídas nos casos de exención total de matrícula previstos na normativa vixente. A axuda só alcanzará para a realización dun único máster universitario.

Actuacións subvencionables e contía: A axuda cubrirá o importe das materias nas que se matricule por primeira vez, até un máximo de 60 créditos do máster oficial. Non cobre as exencións e bonificacións ás que a persoa beneficiaria tivese dereito.

Prazo de solicitude: ata o 04/10/2024

Ligazón á normativa

 

Share.