Autoformación e probas para obter o certificado de competencias dixitais ComDix (iniciación)

0

Convocadas as as actividades do programa de autoformación e as probas de certificación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais-nivel iniciación (en diante, ComDix-iniciación). O itinerario formativo composto polos 7 cursos seguintes:

Curso Horas
Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais. 10
ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital. 25
ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar. 35
ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar. 40
ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica. 50
ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia. 50
ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño». 40

 

Poden acceder aos contidos das actividades do programa de autoformación, sen pasar por ningún proceso de selección, todas aquelas persoas que sexan maiores de 16 anos e que estean dadas de alta como usuarias da Rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

A realización na súa totalidade de calquera dos cursos que conforman este itinerario xerará a posibilidade de realizar un exame final presencial, cuxa superación outorgará o dereito a obter un diploma de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do programa de autoformación.

 Probas de certificación para a obtención do certificado de competencias dixitais, nivel iniciación (ComDix-iniciación): Convócanse dúas (2) edicións de probas de certificación presencial, que se desenvolverán o 23, 24 e 25 de outubro e o 20, 21 e 22 de novembro.

As probas de certificación terán lugar segundo o amplo calendario que figura no anexo III da Resolución, onde se relacionan os lugares con aulas CeMIT dispoñibles, as prazas convocadas por cada localidade, as datas e os horarios para cada unha das edicións.

Solicitudes de participación e prazo de inscrición: As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT https://cemit.xunta.gal

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios

O prazo para a inscrición irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:

  • Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive.
  • Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive.

Criterios de selección: Se existisen máis solicitudes que o número de prazas en cada unha das localidades, as prazas dispoñibles distribuiranse correlativamente entre as persoas que preinscribisen en tempo e forma. A orde de asignación será o resultado dun sorteo público, que se realizará unha vez finalizado o prazo de inscrición de cada edición.

Ligazón á convocatoria

 

Share.