Ata o 8 de xullo: axudas para mellora de eficiencia enerxética en vivendas

0

A Xunta convoca as axudas para melloras de eficiencia enerxética en vivendas, dirxidas a persoas físicas propietarias, usufrutuarias ou arrendatarias de vivendas, sempre que constitúan o seu domicilio habitual e permanente no momento de solicitar a axuda. As persoas beneficiarias das axudas poderán facultar e autorizar, mediante o correspondente acordo, que un axente ou xestor da rehabilitación actúe por conta delas.

Actuacións subvencionables: Aquelas que se realicen en vivendas individuais, xa sexan unifamiliares ou pertencentes a edificios plurifamiliares, nas cales se consiga unha redución da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos, o 7 % ou unha redución do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos, un 30 %. Tamén se considerarán subvencionables as actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica para adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire.

As vivendas deberán contar cun certificado de eficiencia enerxética da vivenda existente no seu estado actual elaborado e asinado pola persoa competente.

Non serán subvencionables as actuacións de investimento en xeradores térmicos que utilicen combustible de orixe fósil.

Prazo de solicitude: desde o 08/05/2025 ás 00:00 ata o 08/07/2025 ás 23:59. Para adxudicar os fondos terase en conta a orde de rexistro das solicitudes na sede electrónica da Xunta

Cantidade: O importe da subvención será do 40 % do custo das actuacións, cun límite de 3.000 euros por vivenda.

No importe obxecto de subvención poderán incluírse os honorarios dos profesionais intervenientes, o custo da redacción dos proxectos ou da memoria xustificativa, informes técnicos e certificados necesarios, os gastos derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares, sempre que todos eles estean debidamente xustificados. Non se consideran custos subvencionables os correspondentes a licenzas, taxas, impostos ou tributos. Non obstante, o IVE poderá ser considerado subvencionable sempre e cando non poida ser susceptible de recuperación ou compensación, total ou parcial.

Ligazón á convocatoria

 

Share.