Ata o 6 de abril: presentación de ofertas para o contrato de reforzo do SAF

0

Desde este 22 de marzo figuran na Plataforma de Contratación os pregos técnicos e administrativos do servizo que reforzará de aquí a mediados de 2023 a atención domiciliaria que presta o Concello. O orzamento base da licitación convocada ascende a 228.436,21 euros para toda a duración do contrato, que complementará o traballo do SAF municipal en atención á dependencia e libre concorrencia con alomenos 3.800 horas a maiores.

As empresas do sector que queiran participar no proceso teñen de prazo para presentar as súas propostas por vía electrónica ata as 23.59h. do día 6 de abril de 2019.

Ligazón ao detalle do procedemento na Plataforma de Contratación do Sector Público

Share.