Ata o 5 de maio: inscrición no curso para obter o certificado de competencias dixitais (ComDix)

0

A Xunta convoca un curso mediante teleformación para preparar a proba que permitirá obter o certificado de competencias dixitais (ComDix). O curso a distancia é titorizado e con avaliación continua dos coñecementos, destrezas e aptitudes necesarias para desenvolverse no ámbito dixital. Vai dirixido a persoas maiores de 16 anos ou que os fagan antes do remate do prazo de inscrición.

 Organización do curso

  1. Número de prazas: 300.
  2. Duración: 250 horas lectivas.
  3. Modalidade: teleformación titorizada con aproveitamento activo e avaliación continua, a través da plataforma de teleformación da rede CeMIT.
  4. Datas de realización: desde o 26 de maio ata 28 de decembro de 2025, como máximo.

Contido: No curso desenvolverase o seguinte programa formativo, configurado por bloques temáticos, que se irán abrindo de forma secuencial e cun tempo máximo de realización para cada un deles. Cada un dos bloques será accesible para os participantes de forma individualizada unha vez que superen o anterior, adaptados así ao seu propio ritmo de seguimento da actividade formativa:

Bloques temáticos
Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital.
ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar.
ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.
ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica.
ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.
ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño».

 

Prazo de inscrición: ata o 05/05/2025.

 Ligazón á convocatoria

 

Share.