Convocatoria de axudas correspondente á anualidade 2025 do programa estatal de incentivos á mobilidade eléctrica establécense os procedementos de adhesión das entidades colaboradoras (IN421Q) e de presentación de solicitudes (IN421R).
Actuacións subvencionables:
Programa de incentivos 1: adquisición de vehículos eléctricos «enchufables» e de pila de combustible.
Programa de incentivos 2: implantación de infraestrutura de recarga de vehículos eléctricos.
Persoas beneficiarias: Para o Programa de incentivos 1, suxeitos que teñan a súa residencia fiscal ou un establecemento permanente no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia ou ben adquiran o vehículo nun concesionario ou punto de venda situado en Galicia. Para o Programa de incentivos 2, suxeitos que realicen a actuación subvencionada no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Vixencia: O período de vixencia da presente convocatoria abrangue desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2025.
Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras (IN421Q): O procedemento de adhesión de adhesión de entidades colaboradoras que participen na xestión do Programa de Incentivos 1 e no Programa de Incentivos 2 (código de procedemento IN421Q) rexerase polo disposto no artigo 6 da Resolución do Inega do 26 de xullo de 2021 agás as excepcións expresamente previstas neste artigo.
O prazo de presentación de solicitudes: desde o 01/07/2025 ás 00:00h. ata o 31/12/2025 ás 23:59h.
Forma e prazo de presentación das solicitudes para persoas beneficiarias (IN421R): As solicitudes subscribiranse directamente polas entidades colaboradoras, se se tramita a axuda a través destas, ou directamente polos interesados ou persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito, nos casos nos que se permita a presentación directa de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes: desde o 08/07/2025 ás 09:00h. ata o 31/12/2025 ás 23:59h.
A contía das axudas para cada unha das actuacións subvencionables está recollida no anexo III do Real decreto 266/2021, do 13 de abril en función da motorización, a categoría de vehículo ou a súa autonomía, entre outros.