Ata o 30 de xuño: solicitudes para participar no curso de socorrismo da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol

0

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol convoca un curso de formación con 15 prazas dispoñibles para a obtención do certificado de profesionalidade de socorrismo en medios acuáticos naturais. Este curso ten unha duración de 420 horas, consistentes 340 horas formativas e 80 horas de prácticas profesionais non laborais en espazos acuáticos naturais.

Os requisitos para poder acceder a esta acción formativa son os seguintes:
– Ser maior de 16 anos.
– Posuír, como mínimo, a Certificación ESO, como formación mínima acreditada.
– Encontrarse empadroado en calquera dos seguintes concellos que forman parte do destino turístico Ferrolterra-Rías Altas de acordo coa Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia: Ares, Cabanas, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño e Vilarmaior.

As bases íntegras do proceso selectivo encóntranse publicadas no taboleiro da web da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol www.comarcaferrolterra.es

A presentación de instancias realizarase no rexistro electrónico da Mancomunidade (mancomunidade@ferrol.es) conforme a este modelo, no prazo de oito días naturais contados desde hoxe, de maneira que o último día será o 30 de xuño.

 

Share.